Virginia Rota. Foto 1
 
Virginia Rota
O mundo ao principio. Infans
Clausurada el 8 de Enero
Sala de Exposicións Pazo de San Marcos
web: www.museolugo.org/
   

O mundo ao principio. «Infans». 2016~2018

Sobre a sabedoría da infancia, un retrato á liberdade do pensamento. Unha procura persoal na identidade “dos outros’’, acerca de dous conceptos que non sobreviviron á morte da miña nenez: a beleza e o importante. 

Este proxecto nace da necesidade de volver ao momento anterior á toma de conciencia do horror, ao tempo da inocencia, aos anos nos que a integridade pertencía á linguaxe e a verdade resultaba infranqueable. 

Durante tres anos estiven buscando nenos, en espazos públicos e a través de coñecidos, que  tiveran unha idade entre 4 a 11 anos; 4 anos porque é cando a linguaxe considérase intelixible para os maiores e 11 porque é o último ano de infancia antes da adolescencia. 

Busquei nenos que chamasen a miña atención fisicamente; resultando os 23 nenos do proxecto moi distintos, e non sabería explicar exactamente que me levou a querer traballar con cada un deles. A maioría teñen en común ser nenos máis ‘maduros’ do que uno espera a esas idades; creo que é algo que pode evidenciarse tanto na maneira na que eu os vexo (os  meus retratos) como na maneira na que eles ven o mundo (as súas fotografías en  b/n). 

O obxectivo inicial deste traballo era propoñer aos 23 nenos realizar unha serie de capturas sobre o que eles consideraban que son ‘a beleza’ e ‘o importante’; confrontándoos á súa vez cun retrato dos mesmos no inicio do proceso de encontro. 

Un intercambio no que eles se apropian da fotografía para facer físico o concepto que teñen de ambos os termos, do mesmo xeito en que eu, como fotógrafa, trato de apropiarme desa mirada que non recordo, ou que perdín. 

Para iso deilles a cada un dos nenos unha cámara  desaproveitable marca  Ilford  Xp2 e  HP5+ con  carrete branco e negro; e un tempo entre unhas semanas e un mes para terminar o traballo. Expliqueilles o mesmo aos pais, pedinlles que non falasen con eles do tema se estes non llo pedían e que, por suposto, non lles axudasen a decidir que querían capturar. 

Unha vez terminado o  carrete, revelábaos e quedaba con cada un dos nenos, de maneira individual, para que me explicasen que fixeran, que significaba cada fotografía, como fora o proceso, etcétera. Estas conversacións están, algunhas, escritas por carta e outras filmadas en audio. 

Tras dous anos e medio de traballo, o sorprendente non ten tanto que ver co resultado como coa intención evidente en cada captura. 

Percíbese a mesma angustia que nós, como creadores, sentimos constantemente ao tentar reter ou plasmar unha idea. Os nenos non traballan cunha intención artística, se non que teñen realmente a necesidade de capturar algo moi concreto e marchan na súa procura, tratando de definir un tema específico que é, á súa vez, inmenso. 

Poderiamos dicir que estamos ante algo infinito, que non se pode acoutar nin soster, e os nenos son conscientes disto e así o plasmaron tanto no proxecto, como nas cartas e conversacións que tivemos posterior á toma de fotografías. 

Tratan de agarrar o  inenarrable; sabéndoo durante todo o proceso da batalla. Por exemplo, Olga, de 11 anos, contábame que tratara de fotografar o que non se podía levar a casa (ex. a natureza).

Virginia Rota

 

Luns a venres: 11:00 a 14 e de 17:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.

Entrada gratuíta

 en Facebook esta exposición comparte en Twitter esta exposición   Como llegar

foto usuario
Iniciar sesión   |   Registrarse
  • Añade esta expo a tus favoritos
  • Envia este enlace a un amigo
Ver mis favoritos
Elige el idioma de la página
Museo San Telmo
Museo Lázaro Galdiano
 

  TODAS LAS EXPOSICIONES DE ESTE ESPACIO  
El Poder de la Presencia. Eliminando los límites autoimpuestos
El Poder de la Presencia. Eliminando los límites autoimpuestos
Colectiva
Clausurada el 18 de diciembre de 2019

14 artistas, procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria y Castilla y León, presentadas en las distintas ediciones de Mujeres Mirando Mujeres, mostrarán sus trabajos en esta segunda edición de "El poder de la presencia"  [ver+]
  
Iago Eireos
Iago Eireos
Nación S.A.
Clausurada el 1 de octubre de 2019

Iago Eireos (Lugo, 1980) volve á súa cidade natal cun proxecto expositivo sobre a idea de nación, a través de intervencións artísticas que poñen en diálogo conceptos como memoria, historia, estado, goberno, bandeira...  [ver+]
  
Rompe
Rompe
Xoga en igualdade
Clausurada el 31 de julio de 2019

Con esta proposta queremos reivindicar a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista  [ver+]
  
Maruxa Seoane
Maruxa Seoane
Achegamento a Mª Elvira Fernández López
Clausurada el 21 de julio de 2019

Proxecto expositivo que afonda na figura de Maruxa, compañeira inseparable de Luís Seoane, persoa chave na súa traxectoria que, tras o falecemento do artista, dedicaría a súa vida á recuperación e agrupamento do seu legado para Galicia  [ver+]
  
Pradero
Pradero
Meridiano 7,30º Oeste
Clausurada el 22 de abril de 2019

José Luís Rodríguez (Pradero), iníciase como fotógrafo aos 7 anos cunha Kodak Instamatic. Dedicará gran parte do seu tempo a experimentar con diferentes cámaras e aprenderá a usar diversas técnicas sempre de forma autodidacta  [ver+]
  
Semana Santa de Burela
Semana Santa de Burela
Hai un lugar para ti
Clausurada el 27 de enero de 2019

Exposición "Semana Santa de Burela, hai un lugar para ti"  [ver+]
  
Virginia Rota
Virginia Rota
O mundo ao principio. Infans
Clausurada el 8 de enero de 2019

Exposición "O mundo ao principio. Infans. 2016-2018", de Virginia Rota, VI Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. Sobre a sabedoría da infancia, un retrato á liberdade do pensamento  [ver+]
  
CONtornos
CONtornos
Clausurada el 20 de noviembre de 2018

"CONtornos", mostra que recolle os traballos seleccionados no XVIII Encontro de Torneiros, evento celebrado en Xermade os días 21, 22 e 23 do pasado mes de setembro  [ver+]
  
Luis Seoane
Luis Seoane
Deseño e diferenza
Clausurada el 30 de junio de 2018

Esta exposición, "Luis Seoane. Deseño e diferenza", indaga nesa condición de creador total que o converteu nun dos primeiros exemplos ibéricos do que hoxe entendemos como artista contemporáneo  [ver+]
  
María Xosé Domínguez
María Xosé Domínguez
Pegadas dun compromiso, 2018
Clausurada el 1 de abril de 2018

Na obra, por medio de fotografías pertencentes ao arquivo familiar da artista, agáchase unha crítica social, que cuestiona o que realmente implica o casamento, abordado desde unha perspectiva feminista, que nos convida a cuestionarnos quen somos  [ver+]
  
Alfonso Almendros
Alfonso Almendros
To Name of Mountain
Clausurada el 8 de enero de 2018

Exposición "To Name of Mountain" de Alfonso Almendros, V Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2017. O traballo de Alfonso Almendros entronca á perfección co obxectivo do Premio  [ver+]
  
Antonio Rivas Pol
Antonio Rivas Pol
Acuarelas da miña proximidade
Clausurada el 19 de noviembre de 2017

Exposición "Acuarelas da miña proximidade", de Antonio Rivas Pol  [ver+]
  
José Barea
José Barea
Bestiarium
Clausurada el 28 de octubre de 2017

Exposición "Bestiarium.. Biodiversidade rural". Fotografías de José Barea  [ver+]
  
ASPNAIS
ASPNAIS
50 años
Clausurada el 25 de septiembre de 2017

Exposición "ASPNAIS. 50 años"  [ver+]
  
Denís Estévez
Denís Estévez
Infinito Caduco
Clausurada el 31 de agosto de 2017

En "Infinito Caduco", a obra abastécese da súa propia realidad, ao igual que nós, pero coa diferenza de que son os espazos os que barallan a súa propia existencia, e sempre atallan dun xeito ou outro por roteiros intransitables  [ver+]
  
50 anos de Breo
50 anos de Breo
Enredando museos, cultura e deporte para a mocidade
Clausurada el 30 de junio de 2017

A exposición xira arredor do percorrido histórico e social do Club de Baloncesto Breogán, un dos clubs de baloncesto máis relevantes do panorama nacional que este ano celebra o seu 50 aniversario  [ver+]
  
Pasaxeiras
Pasaxeiras
O cotián como unha viaxe irrepetible
Clausurada el 31 de marzo de 2017

Pasaxeiras é un proxecto colectivo que ten a súa orixe nunha serie de retratos tomados por Aymará Ghiglione no tren. Co seu teléfono móbil, Aymará retratou durante meses os viaxeiros e viaxeiras..  [ver+]
  
Jon Gorospe
Jon Gorospe
Environments
Clausurada el 8 de enero de 2017

Exposición "Environments" de Jon Gorospe (IV Premio Galicia de Fotografía Contemporánea)  [ver+]
  
Saúde e Terra
Saúde e Terra
irmá(n)s (Centenario das Irmandades da Fala 1916-2016)
Clausurada el 27 de noviembre de 2016

Exposición "Saúde e Terra, irmá(n)s (Centenario das Irmandades da Fala 1916-2016)"  [ver+]
  
Alfonso Sucasas
Alfonso Sucasas
O costumismo transcendido
Clausurada el 26 de octubre de 2016

A pintura de Alfonso Sucasas, unha das máis relevantes da arte galega das últimas décadas, realizouse en diálogo coa tradición escolmando dela elementos significativos, perseguidos de xeito obsesivo, e cheos dunha intensa forza plástica.  [ver+]
  
Converxencias
Converxencias
Deseño 2016
Clausurada el 5 de junio de 2016

A Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo presenta a exposición Converxencias 2016. A mostra está composta por unha selección de obras e proxectos realizados nos derradeiros anos polos alumnos dos diferentes ciclos e estudos impartid  [ver+]
  
Xurxo Lobato
Xurxo Lobato
Airiños aires ... Rosalía
Clausurada el 30 de marzo de 2016

Esta exposición fotográfica, da autoría do prestixioso fotógrafo Xuxo Lobato, conta co apoio da Fundación Rosalía de Castro e da Obra Social "La Caixa", e co patrocinio da área de Cultura da Deputación de Lugo.  [ver+]
  
III Premio Galicia de Fotografía Contemporánea
III Premio Galicia de Fotografía Contemporánea
Clausurada el 31 de diciembre de 2015

O III Premio Galicia de Fotografía Contemporánea é un certame que forma parte do festival Outono Fotográfico e que ten por obxecto promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que suscita.  [ver+]
  
EXPOSICIÓN RETROSPECTIVA: 10 Premios Luis Ksado
EXPOSICIÓN RETROSPECTIVA: 10 Premios Luis Ksado
Clausurada el 19 de noviembre de 2015

Exposición antolóxica do premio Luis Ksado organizado pola Deputación da Coruña que reúne as coleccións fotográficas gañadoras das dez edicións do premio.  [ver+]
  
EstudioAberto4
EstudioAberto4
Clausurada el 30 de agosto de 2015

Estudio Aberto, unha iniciativa dentro do proxecto Enredarte, que trae á cidade novas propostas artísticas de creación en directo.  [ver+]
  
Ricardo Polín
Ricardo Polín
Escritos na floresta - Árbores senlleiras na cultura chairega
Clausurada el 26 de julio de 2015

O Instituto de Estudios Chairegos presenta na capital lucense a exposición "Escritos na Floresta-Árbores senlleiras na cultura chairega", da que é autor Ricardo Polín, escritor, filólogo e profesor de galego.  [ver+]
  
Olladas.
Olladas. "A miña familia"
Clausurada el 18 de junio de 2015

O programa Olladas de muller centra a súa atención na obra dunha muller: A miña familia, de Xulia Minguillón, realizada en 1944, e que ofrece a visión da súa propia familia nun momento histórico moi concreto e diferente ao actual.  [ver+]
  


Inicio » Mapa de museos y exposiciones » Galicia » Lugo » Lugo » Sala de Exposicións Pazo de San Marcos » Virginia Rota » exposición Nº 41995