Converxencias. Foto 1
 
Converxencias
Deseño 2016
Clausurada el 5 de Junio
Sala de Exposicións Pazo de San Marcos
web: www.museolugo.org/
   

O deseño gráfico e de interiores, a cerámica, a fotografía, os medios audiovisuais o gravado e a serigrafía artística cohabitan e interactúan recíprocamente nun espazo común, escenario de intersección das distintas especialidades da escola. Noutro senso a exposición tamén é nexo de converxencia da escola e a cidade.

Os proxectos dos alumnos das Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico conciben e expresan o labor do deseñador gráfico como a dun creador cuxa actividade ten por obxecto a utilización da linguaxe gráfica para xerar mensaxes e transmitir contidos de natureza diversa en todos aqueles eidos da comunicación que a sociedade precise. Está claro que o obxectivo da Escola de Arte e Superior de Deseño é formar deseñadores que ademais de optimizar os procesos de comunicación sexan capaces de analizar, innovar, investigar, transmitir valores, difundir cultura e adquirir unha responsabilidade social e ambiental.

Por outro lado, os proxectos dos alumnos das Ensinanzas Superiores de Deseño de Interiores, demostran unha notable capacidade para analizar, investigar e proxectar, e expresan a súa vocación de dirixir equipos de proxectos e de execución de obras de deseño de interiores, ao mesmo tempo que manifestan a versatilidade destes futuros profesionais para actuar como interlocutores directos ante as administracións públicas no ámbito da súa profesión. Os ámbitos principais onde desenvolven as súas actividades son: vivenda e deseño dos espazos interiores para o hábitat; deseño de espazos comerciais e de ocio; deseño de espazos administrativos; deseño de espazos culturais, educativos e lúdicos; deseño de espazos efémeros; rehabilitación de vivendas; paisaxismo e deseño de espazos públicos; xestión empresarial de actividades creativas; deseño dos espazos interiores dos distintos sistemas de transporte; xestión de obras, medicións, orzamentos e prevención de riscos e dirección de obras no ámbito do deseño de interiores; investigacións e docencia.

A fotografía e os medios audiovisuais tamén están presentes na mostra coas obras dos alumnos do Ciclo Formativo de Grao Superior de Fotografía. Estes estudos teñen como obxectivo dar unha formación integral no campo da fotografía, desenvolvendo a creatividade e o coñecemento desta disciplina artística. O noso plan de estudos consta de dous cursos académicos ademais dun proxecto fin de carreira e unhas prácticas en empresa, que se levan a cabo tamén no segundo ano. Combina a práctica fotográfica diaria, encamiñada á realización de traballos profesionais e proxectos fotográficos persoais, coa impartición de coñecementos técnicos. A todo isto hai que engadir, ademais, unha reflexión sobre a teoría, a historia da fotografía e da imaxe audiovisual.

Os traballos dos alumnos do Ciclo Superior de Cerámica Artística, serven de paradigma para entender as ensinanzas impartidas nesta disciplina, orientada a formar profesionais cun amplo coñecemento técnico, artístico e cultural, que os capacita para exercer a súa actividade, ben en empresas cerámicas, ben realizando un labor no seu propio obradoiro, xa sexa no eido artístico, artesanal ou industrial. A duración do ciclo é de dous cursos académicos, cun proxecto final e prácticas en empresa, titulándose como Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Cerámica Artística. Estes estudos, permiten o acceso a outros estudos como: Arquitectura Técnica, Enxeñería, Deseño industrial, Maxisterio, (Educación Especial, Infantil e Primaria), Belas Artes, Xeoloxía, Historia da Arte, aos Graos de Artes Plásticas e Deseño e aos Graos de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

Tamén están presentes con identidade propia as obras dos alumnos do Ciclo Formativo de Grao Superior en Gravado e Técnicas de Estampación. As matrices, talladas, impresas, os gravados, acompáñannos coa súa maxia expresiva, ledicia e sensibilidade nesta exposición, materializada por futuros profesionais os cales mantendo viva a tradición atópanse na vangarda, deixándonos a súa pegada, a súa impronta, a súa persoal fabulación de soños e realidades.

A Serigrafía tamén ten presenza na exposición. Podemos aproximarnos ao traballo desenvolvido polos alumnos do Ciclo Medio de Serigrafía Artística, que ao finalizar seu período formativo reciben a titulación de Técnicos en Serigrafía Artística en Artes Plásticas e Deseño. As súas obras demostran un control dos procesos básicos de realización da serigrafía artística, con métodos tradicionais e actuais propios desta especialidade, analizando as especificacións técnicas dos materiais utilizados e organizando os medios de produción e as medidas para seu mantemento periódico preventivo. Estas serigrafías seleccionadas ademais evidencian unha notable capacidade para aplicar con rigor a reprodución fotomecánica, a supervisión e a realización da impresión.

 

Luns a venres: 11:00 a 14 e de 17:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta

 en Facebook esta exposición comparte en Twitter esta exposición   Como llegar

foto usuario
Iniciar sesión   |   Registrarse
  • Añade esta expo a tus favoritos
  • Envia este enlace a un amigo
Ver mis favoritos
Elige el idioma de la página
Museo San Telmo
Museo Lázaro Galdiano
 

  TODAS LAS EXPOSICIONES DE ESTE ESPACIO  
El Poder de la Presencia. Eliminando los límites autoimpuestos
El Poder de la Presencia. Eliminando los límites autoimpuestos
Colectiva
Clausurada el 18 de diciembre de 2019

14 artistas, procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria y Castilla y León, presentadas en las distintas ediciones de Mujeres Mirando Mujeres, mostrarán sus trabajos en esta segunda edición de "El poder de la presencia"  [ver+]
  
Iago Eireos
Iago Eireos
Nación S.A.
Clausurada el 1 de octubre de 2019

Iago Eireos (Lugo, 1980) volve á súa cidade natal cun proxecto expositivo sobre a idea de nación, a través de intervencións artísticas que poñen en diálogo conceptos como memoria, historia, estado, goberno, bandeira...  [ver+]
  
Rompe
Rompe
Xoga en igualdade
Clausurada el 31 de julio de 2019

Con esta proposta queremos reivindicar a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista  [ver+]
  
Maruxa Seoane
Maruxa Seoane
Achegamento a Mª Elvira Fernández López
Clausurada el 21 de julio de 2019

Proxecto expositivo que afonda na figura de Maruxa, compañeira inseparable de Luís Seoane, persoa chave na súa traxectoria que, tras o falecemento do artista, dedicaría a súa vida á recuperación e agrupamento do seu legado para Galicia  [ver+]
  
Pradero
Pradero
Meridiano 7,30º Oeste
Clausurada el 22 de abril de 2019

José Luís Rodríguez (Pradero), iníciase como fotógrafo aos 7 anos cunha Kodak Instamatic. Dedicará gran parte do seu tempo a experimentar con diferentes cámaras e aprenderá a usar diversas técnicas sempre de forma autodidacta  [ver+]
  
Semana Santa de Burela
Semana Santa de Burela
Hai un lugar para ti
Clausurada el 27 de enero de 2019

Exposición "Semana Santa de Burela, hai un lugar para ti"  [ver+]
  
Virginia Rota
Virginia Rota
O mundo ao principio. Infans
Clausurada el 8 de enero de 2019

Exposición "O mundo ao principio. Infans. 2016-2018", de Virginia Rota, VI Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. Sobre a sabedoría da infancia, un retrato á liberdade do pensamento  [ver+]
  
CONtornos
CONtornos
Clausurada el 20 de noviembre de 2018

"CONtornos", mostra que recolle os traballos seleccionados no XVIII Encontro de Torneiros, evento celebrado en Xermade os días 21, 22 e 23 do pasado mes de setembro  [ver+]
  
Luis Seoane
Luis Seoane
Deseño e diferenza
Clausurada el 30 de junio de 2018

Esta exposición, "Luis Seoane. Deseño e diferenza", indaga nesa condición de creador total que o converteu nun dos primeiros exemplos ibéricos do que hoxe entendemos como artista contemporáneo  [ver+]
  
María Xosé Domínguez
María Xosé Domínguez
Pegadas dun compromiso, 2018
Clausurada el 1 de abril de 2018

Na obra, por medio de fotografías pertencentes ao arquivo familiar da artista, agáchase unha crítica social, que cuestiona o que realmente implica o casamento, abordado desde unha perspectiva feminista, que nos convida a cuestionarnos quen somos  [ver+]
  
Alfonso Almendros
Alfonso Almendros
To Name of Mountain
Clausurada el 8 de enero de 2018

Exposición "To Name of Mountain" de Alfonso Almendros, V Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2017. O traballo de Alfonso Almendros entronca á perfección co obxectivo do Premio  [ver+]
  
Antonio Rivas Pol
Antonio Rivas Pol
Acuarelas da miña proximidade
Clausurada el 19 de noviembre de 2017

Exposición "Acuarelas da miña proximidade", de Antonio Rivas Pol  [ver+]
  
José Barea
José Barea
Bestiarium
Clausurada el 28 de octubre de 2017

Exposición "Bestiarium.. Biodiversidade rural". Fotografías de José Barea  [ver+]
  
ASPNAIS
ASPNAIS
50 años
Clausurada el 25 de septiembre de 2017

Exposición "ASPNAIS. 50 años"  [ver+]
  
Denís Estévez
Denís Estévez
Infinito Caduco
Clausurada el 31 de agosto de 2017

En "Infinito Caduco", a obra abastécese da súa propia realidad, ao igual que nós, pero coa diferenza de que son os espazos os que barallan a súa propia existencia, e sempre atallan dun xeito ou outro por roteiros intransitables  [ver+]
  
50 anos de Breo
50 anos de Breo
Enredando museos, cultura e deporte para a mocidade
Clausurada el 30 de junio de 2017

A exposición xira arredor do percorrido histórico e social do Club de Baloncesto Breogán, un dos clubs de baloncesto máis relevantes do panorama nacional que este ano celebra o seu 50 aniversario  [ver+]
  
Pasaxeiras
Pasaxeiras
O cotián como unha viaxe irrepetible
Clausurada el 31 de marzo de 2017

Pasaxeiras é un proxecto colectivo que ten a súa orixe nunha serie de retratos tomados por Aymará Ghiglione no tren. Co seu teléfono móbil, Aymará retratou durante meses os viaxeiros e viaxeiras..  [ver+]
  
Jon Gorospe
Jon Gorospe
Environments
Clausurada el 8 de enero de 2017

Exposición "Environments" de Jon Gorospe (IV Premio Galicia de Fotografía Contemporánea)  [ver+]
  
Saúde e Terra
Saúde e Terra
irmá(n)s (Centenario das Irmandades da Fala 1916-2016)
Clausurada el 27 de noviembre de 2016

Exposición "Saúde e Terra, irmá(n)s (Centenario das Irmandades da Fala 1916-2016)"  [ver+]
  
Alfonso Sucasas
Alfonso Sucasas
O costumismo transcendido
Clausurada el 26 de octubre de 2016

A pintura de Alfonso Sucasas, unha das máis relevantes da arte galega das últimas décadas, realizouse en diálogo coa tradición escolmando dela elementos significativos, perseguidos de xeito obsesivo, e cheos dunha intensa forza plástica.  [ver+]
  
Converxencias
Converxencias
Deseño 2016
Clausurada el 5 de junio de 2016

A Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo presenta a exposición Converxencias 2016. A mostra está composta por unha selección de obras e proxectos realizados nos derradeiros anos polos alumnos dos diferentes ciclos e estudos impartid  [ver+]
  
Xurxo Lobato
Xurxo Lobato
Airiños aires ... Rosalía
Clausurada el 30 de marzo de 2016

Esta exposición fotográfica, da autoría do prestixioso fotógrafo Xuxo Lobato, conta co apoio da Fundación Rosalía de Castro e da Obra Social "La Caixa", e co patrocinio da área de Cultura da Deputación de Lugo.  [ver+]
  
III Premio Galicia de Fotografía Contemporánea
III Premio Galicia de Fotografía Contemporánea
Clausurada el 31 de diciembre de 2015

O III Premio Galicia de Fotografía Contemporánea é un certame que forma parte do festival Outono Fotográfico e que ten por obxecto promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que suscita.  [ver+]
  
EXPOSICIÓN RETROSPECTIVA: 10 Premios Luis Ksado
EXPOSICIÓN RETROSPECTIVA: 10 Premios Luis Ksado
Clausurada el 19 de noviembre de 2015

Exposición antolóxica do premio Luis Ksado organizado pola Deputación da Coruña que reúne as coleccións fotográficas gañadoras das dez edicións do premio.  [ver+]
  
EstudioAberto4
EstudioAberto4
Clausurada el 30 de agosto de 2015

Estudio Aberto, unha iniciativa dentro do proxecto Enredarte, que trae á cidade novas propostas artísticas de creación en directo.  [ver+]
  
Ricardo Polín
Ricardo Polín
Escritos na floresta - Árbores senlleiras na cultura chairega
Clausurada el 26 de julio de 2015

O Instituto de Estudios Chairegos presenta na capital lucense a exposición "Escritos na Floresta-Árbores senlleiras na cultura chairega", da que é autor Ricardo Polín, escritor, filólogo e profesor de galego.  [ver+]
  
Olladas.
Olladas. "A miña familia"
Clausurada el 18 de junio de 2015

O programa Olladas de muller centra a súa atención na obra dunha muller: A miña familia, de Xulia Minguillón, realizada en 1944, e que ofrece a visión da súa propia familia nun momento histórico moi concreto e diferente ao actual.  [ver+]
  


Inicio » Mapa de museos y exposiciones » Galicia » Lugo » Lugo » Sala de Exposicións Pazo de San Marcos » Converxencias » exposición Nº 15153