Roi Fernández. Foto 1
 
Roi Fernández
Illas desertas
Clausurada el 18 de Agosto
Zona C
web: www.compostelacapitalcultural.com/

"Soñar con illas é soñar con separarse, con estar separado, más alá dos continentes, soñar con estar só e perdido; ou ben é soñar que se retorna ao principio, que se volve empezar, que se recrea” (Deleuze)

“Prefiro chegar cegamente ao futuro. Non quero levar os trastos nesta viaxe a cegas. Non elixín facelo. A xeración que me precedeu, que me meteu nesta viaxe, no produciu mapas ou compases fiables. Somérxome nas profundidades do descoñecido” (Jonas Mekas)

Illas Desertas / Desert Islands é un proxecto que visibiliza outras formas de facer e interpretar. Amosa camiñantes: homes e mulleres que decidiron habitar as marxes, fóra dos parámetros establecidos pola sociedade. Peregrinos que adoptaron o Camiño, e a deriva, como o seu xeito de vida, sen finalidade nin obxectivo produtivo aparente. Seres en movemento continuo. en presente continuo. Un proxecto con carácter transmedia que crea unha narrativa utilizando diferentes canles e ferramentas e onde Roi Fernández mestura a tecnoloxía interactiva audiovisual e o videomapping con técnicas artísticas clásicas como o debuxo a grafito e o carbón. O proxecto previo de investigación do artista lévao a entrevistarse cos camiñantes. Este material convértese nunha curta documental de cada entrevistado e nun retrato en grafito e carbón sobre papel. Cada debuxo inclúe un código QR que ao ser escaneado liga co documental.

A instalación no espazo expositivo procura a experiencia sensorial da/do visitatante ao colocar recipientes con líquido e altofalantes que emiten frecuencias sonoras sobre este medio acuoso; frecuencias xeradas a partir dos datos flutuantes obtidos das posicións de icebergs –esas illas de xeo á deriva– que fan vibrar o líquido para visualizarse en diversos patróns xeométricos, nun fenómeno coñecido como cimática. Unha cámara recolle, a tempo real, estes patróns xeométricos e alimenta o videomapping interactivo que se proxecta sobre os debuxos, baseado nunha malla 3D do retrato.

Illas Desertas / Desert Islands enmárcase tanxencialmente dentro do proxecto fílmico URSÚAS que mestura documental e ficción para falar da deriva. As entrevistas foron gravadas nun campamento de camiñantes preto de Santiago, nun tramo do Camiño portugués, nos arredores de Tui e en varios puntos da Lama, e son fondo documental do retrato de Illas Desertas.

Roi Fernández (A Coruña, 1979)

A formación de Roi Fernández discorre nas formas transmedia de narración audiovisual, escénica, gráfica e de acción desde 2001. Licenciado en Belas Artes, posúe un mestrado en Dirección Cinematográfica pola City College of New York cunha bolsa Barrié de la Maza, e outro de Sistemas Interactivos pola MECAD/ESDI de Barcelona, e interpretación en ESAD (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia) e como artista bolseiro na KHM de Colonia (Alemaña).

Expoñente da videocreación e arte de acción en Galicia, do cinema, a performance, o live cinema, os motion graphics, o videomapping, a animación e as formas polipoéticas. Como director audiovisual e creador multimedia dirixe pezas multipremiadas como a curtametraxe Calquera infinito posible, protagonizada por Celso Bugallo, e premiada no festival de Cans (GZ), CityVisions (NY) e Tessalonika (Grecia); o documental transcénico Balor, ou o proxecto de vídeo inmersivo Zugunruhe. Foi alumno titorizado de prestixiosos artistas como Chantal Akerman (CCNY), e ten colaborado con artistas internacionais como Huan Zhang ou Alberto García-Alix. Tamén colaborou como debuxante con axencias de publicidade, como a prestixiosa Berlín Cameron de New York.

Na arte de acción presentou performances no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), Festival Chámalle X, Fundación Luís Seoane, Fundación Granell, ou Museo MARCO de Vigo, entre outros.

É o responsable de creación multimedia e audiovisual para a súa compañía escénica ArtesaCía, creando videomappings e contidos de vídeo interactivo 360º.

Ademais crea escenografías multimedia e videocreación para o Centro Dramático Galego, Teatro Meridional, Premios da Cultura Galega (Xunta de Galicia) etc. En 2003 cofunda o colectivo artístico Alg-a.org, do que foi presidente e impulsor do proxecto Alg-a Lab (centro de creación e residencia artística); en 2013 funda e codirixe Extramuros (espazoextramuros.org), un espazo de colisións artísticas multidisciplinares. É a sede de ArtesaCía e o estudo multimedia SrPause Cinescapismo.

A súa obra foi presentada e premiada en España, Alemaña (KHM) , Reino Unido (Kingston Gallery), Italia, China (Expo Mundial 2010), Estados Unidos de América, Colombia (Festival Iberoamericano Sistemas interactivos de Manizales), Arxentina...

 

Horario habitual: de 16.00 a 20.00 h
Luns pechado

Entrada gratuíta

 en Facebook esta exposición comparte en Twitter esta exposición   Como llegar

foto usuario
Iniciar sesión   |   Registrarse
  • Añade esta expo a tus favoritos
  • Envia este enlace a un amigo
Ver mis favoritos
Elige el idioma de la página
Museo San Telmo
Museo Lázaro Galdiano
 

  TODAS LAS EXPOSICIONES DE ESTE ESPACIO  
Roi Fernández
Roi Fernández
Illas desertas
Clausurada el 18 de agosto de 2019

"Illas Desertas / Desert Islands" é un proxecto que visibiliza outras formas de facer e interpretar. Amosa camiñantes: homes e mulleres que decidiron habitar as marxes, fóra dos parámetros establecidos pola sociedade  [ver+]
  
Brais Rodríguez
Brais Rodríguez
Verticais
Clausurada el 26 de mayo de 2019

"Verticais", a intervención que o artista Brais Rodríguez abre na Zona C, é o resultado do traballo que o creador desenvolve despois de obter no Décimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas  [ver+]
  
Alejandra Pombo
Alejandra Pombo
Perencontro
Clausurada el 10 de marzo de 2019

A Zona "C" acolle a última das intervencións que foron seleccionadas, na segunda edición, por un grupo de expertos baixo a denominación de Proxectos de intervención artística ven nutrindo a programación da Zona "C"  [ver+]
  
Aarón Sanromán
Aarón Sanromán
Híbrido
Clausurada el 9 de diciembre de 2018

Aarón Sanromán selecciona una serie de paisajes que presentará en una instalación de video-mapping. El objetivo de esta exposición es contraponer el desuso o el paso del tiempo ocasionado en el paisaje natural con lo alegórico y artificial  [ver+]
  
Marcos Covelo
Marcos Covelo
O rapto de Europa
Clausurada el 29 de julio de 2018

Converte Marcos Covelo a Zona C nun espazo que cuestiona (na peza "O rapto de Europa") a concepción e representación da bandeira da UE prestando especial atención á situación actual de Europa ao abeiro do contexto económico, social e político  [ver+]
  
Olalla Castro e Nicoleta Moise
Olalla Castro e Nicoleta Moise
De como non casar/How Not to Get Married
Clausurada el 20 de mayo de 2018

Olalla Castro e Nicoleta Moise presentan na Zona C a exposición "De como non casar / How Not to Get Married". Trátase dun traballo centrado nas supersticións relacionadas co matrimonio e, en concreto, coa figura da muller  [ver+]
  
Amine Asselman
Amine Asselman
Global Complexity
Clausurada el 11 de marzo de 2018

"Global complexity" intervén o espazo Zona C a través do dibuxo dixital dunha serie de postes eléctricos de varios tamaños, estes soportan os cables eléctricos onde o artista introduce pugas propias do arame de espiño  [ver+]
  
Rosa Neutro
Rosa Neutro
Un cuarto propio
Clausurada el 10 de diciembre de 2017

"Un cuarto propio" aborda particularidades, reivindicacións tomando como punto de partida a obra de Rosa Neutro e enlazando con temáticas que a historia da arte aborda en ocasións de modo parcial, como é o íntimo, o amor, o erotismo..  [ver+]
  
Os mundos de Carlos Casares
Os mundos de Carlos Casares
Clausurada el 25 de junio de 2017

"Os mundos de Carlos Casares". Unha visión do escritor e dos seus lugares  [ver+]
  
Marta Bran
Marta Bran
Once Upon a Time
Clausurada el 16 de abril de 2017

Nesta instalación está presente a especial relación de Marta Bran coa pintura: "o tempo da pintura é totalmente diferente ó doutras disciplinas, favorece o feito de pensar e reflexionar profundamente durante moitas horas estando en soidade"  [ver+]
  
Carlos Alba
Carlos Alba
The observation of trifles
Clausurada el 30 de diciembre de 2016

La Zona "C" está situada en el Barrio de San Pedro, un activo barrio con una red vecinal participativa. Carlos Alba trabajó con un grupo variado de personas del barrio tiempo antes de inaugurar la intervención en la Zona "C"  [ver+]
  
Jacobo Bugarín
Jacobo Bugarín
Afirmo que todo funcionará
Clausurada el 20 de noviembre de 2016

Jacobo Bugarín presenta de manera contundente en esta muestra "Afirmo que todo funcionará" parte de su investigación sobre la narcoarquitectura: fotografías, planos y objetos que evidencian una realidad social asociada a la arquitectura del narcotráf  [ver+]
  
As rúas contan que
As rúas contan que
Colectiva
Clausurada el 24 de julio de 2016

Tres colectivos relacionados co debuxo, baixo o comisariado de Desirée Vidal Juncal, son os protagonisas da terceira das intervencións seleccionadas na modalidade de proxectos de comisariado para a Zona "C"  [ver+]
  
[sic] un proxecto de Joan Morera Arbones
[sic] un proxecto de Joan Morera Arbones
Clausurada el 22 de mayo de 2016

[sic] un proxecto de Joan Morera Arbones Comisariado por María Marco Covelo  [ver+]
  
Henry Moore
Henry Moore
Arte na rúa
Clausurada el 28 de marzo de 2016

Esta exposición forma parte do proxecto Arte na rúa a través do cal a Obra Social "la Caixa" quere achegar a arte ás persoas, fóra do marco habitual de museos e salas de exposicións.  [ver+]
  
Neves Seara
Neves Seara
73 líneas de horizonte (segunda carta a mi padre)
Clausurada el 27 de marzo de 2016

73 liñas do horizonte é unha intervención especificamente deseñada para o espazo Zona "C". Un título aproximado xa que o 73 variará en función do resultado final da interacción.  [ver+]
  
Diego Vites
Diego Vites
jpg imaxe ou natureza
Clausurada el 31 de julio de 2015

Diego Vites presenta un estudio iconográfico sobre la naturaleza del arte y la estética de la naturaleza que explora y pone en juego los límites de la representación en un montaje visual...  [ver+]
  
Maria Castellanos Vicente
Maria Castellanos Vicente
Lo real
Clausurada el 1 de febrero de 2015

María Castellanos Vicente (Gijón, 1985), indaga acerca de la percepción. Para eso utiliza luz infrarroja. La luz infrarroja es imperceptible para el ojo humano, con todo, se puede ver a través de la cámara de vídeo.  [ver+]
  
UKP. Ukelele Kit Project
UKP. Ukelele Kit Project
Exposición + ciclo de conciertos
Clausurada el 7 de diciembre de 2014

En esta exposición se podrán mirar las obras de 10 artistas plásticos, escuchar las composiciones de 6 grupos musicales y visualizar el trabajo de 10 realizadores audiovisuales.  [ver+]
  
Levons-nous!
Levons-nous!
El himno de las mujeres
Clausurada el 14 de septiembre de 2014

Nace inspirado en el himno feminista LEVON-NOUS ! (Levantémonos!), utilizado por el movimiento francés de la década de los 70 MLF.  [ver+]
  


Inicio » Mapa de museos y exposiciones » Galicia » A Coruña » Santiago de Compostela » Zona C » Roi Fernández » exposición Nº 46919