Alba Sotelo. Foto 1
 
Alba Sotelo
Voltar a Ítaca
Clausurada el 18 de Noviembre
Pazo da Cultura
web: www.pazodacultura.org/es
   

Ulises voltou,

despois de todo, 

a Ítaca.

As mans desfiguradas do meu pai agarran unha navalla prateada que corta redes. Redes ameazantes, redes que son presaxio.

O mar sempre presente, aínda que non estea diante, aínda que sexa soñando e espertes decepcionado coa ilusión de estar aló. Tras unha montaña, hai outra montaña. Tras o mar, non hai outro mar.

Imaxina caer ao mar con roupas de auga pesadas arrastrándote cara o fondo e velo todo dende alí, con toda esa auga como único ceo posible…imaxina coller folgos e saír.

Algúns homes dilúen as súas penas no mar. A súa inmensidade todo o devora, tamén a eles en ocasións. A isto puxéronlle de nome naufraxio. Un nunca sabe como sobreporse á perda absoluta.
Se os da costa imos ao interior nos desbalizámonos enteiros. Perder o mar é perder a referencia, desnortarse. As que nacemos no mar, levamos unha rosa dos ventos tatuada no corazón. Ás veces esa rosa palpita, palpita e fainos libres para chegar a Ítaca, aí, ese lugar ao que voltar.

Ulises saiu á aventura, perdeuse e regresou á súa illa. Esta exposición versa sobre os regresos e a importancia de ter un lugar ao que facelo: o fogar. O meu lugar está onde estea o mar, é así a miña árbore xenealóxica. Dende as miñas avoas que traballaban descalzas nas conserveiras, aos meus avós contramestres nos confíns do mundo ou pescadores de sardiña no mar de Bueu, o mesmo que marcou para sempre a un deles ensinándolle o significado de perder un irmán nos brazos. Miña tía Mucha dedicou a súa vida a empacar peixe na fábrica de Massó e miña nai acariña, cada día, peixes conxelados. Eu son filla de todas elas, e son filla de meu pai, que deixou a parte da súa alma e os seus dedos no mar do Canadá. Malia todo, meu pai, a pesar do frío, foi quen de voltar.

Ser xornalista non é máis ca ser aventureira, coma eles. Ser filla da ledicia e do medo, da constante búsqueda nun mundo que nos achica. Eu non son máis que os restos de todo ese sal. 

Contra os días 

A néboa 

O medo 

O escuro 

Tento o mar 

E procuro a plenitude 

(Profecía do mar, Bernardino Graña. 1966)

 

Martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Luns, pechado.

 en Facebook esta exposición comparte en Twitter esta exposición   Como llegar

foto usuario
Iniciar sesión   |   Registrarse
  • Añade esta expo a tus favoritos
  • Envia este enlace a un amigo
Ver mis favoritos
Elige el idioma de la página
Museo San Telmo
Museo Lázaro Galdiano
 

  TODAS LAS EXPOSICIONES DE ESTE ESPACIO  
Amelia Palacios e Alex Vázquez
Amelia Palacios e Alex Vázquez
Na beira do río. Diálogos na Pintura
Clausurada el 17 de noviembre de 2019

Novena edición da mostra "Na beira do río. Diálogos na Pintura", protagonizada por Amelia Palacios e Alex Vázquez. Pai e filla concorren nunha edición especial, polo anecdótico desa situación familiar na que a pintura converteuse nun acubillo común  [ver+]
  
Xacobe Meléndrez Fassbender
Xacobe Meléndrez Fassbender
Caiuso na fronteira de papel
Clausurada el 17 de noviembre de 2019

Mostra de fotografía realizada por Xacobe Meléndrez Fassbender (Tegucigalpa, Honduras, 1963), que vén deste xeito a manter á fotografía como disciplina artística de interese dentro do outono artístico pontevedrés  [ver+]
  
Do final e do comezo
Do final e do comezo
Clausurada el 29 de septiembre de 2019

Un ano máis acollemos o mostra na "Do final e do comezo" que recolle obras realizadas para os seus traballos de fin de grao por 35 estudantes  [ver+]
  
Anna Turbau
Anna Turbau
A intimidade da imaxe
Clausurada el 25 de agosto de 2019

"A intimidade da imaxe" é unha mostra que condensa nun centenar de imaxes os conflitos sociais, políticos e humanos cos que a fotógrafa catalá se atopou a finais dos anos setenta en Galicia  [ver+]
  
Alba de Gloria de Castelao
Alba de Gloria de Castelao
Clausurada el 25 de agosto de 2019

"Alba de Gloria" foi o derradeiro gran discurso que pronunciou Castelao en vida. Trátase dunha alocución que enumera as grandes figuras da cultura galega  [ver+]
  
Entre duas augas
Entre duas augas
Pontevedra 1930-1940
Clausurada el 9 de junio de 2019

360 documentos, fotografías y objetos de la vida cotidiana integran la exposición "Entre dúas augas. Pontevedra 1930-1940", realizada por el Archivo Municipal de Pontevedra  [ver+]
  
Ana Juan
Ana Juan
Debuxando ao alén
Clausurada el 24 de febrero de 2019

A exposición interactiva de Ana Juan, "Debuxando ao alén", aproxímanos ao universo creativo desta ilustradora recoñecida internacionalmente  [ver+]
  
José Chas
José Chas
Memoria industrial en Galicia
Clausurada el 24 de febrero de 2019

Exposición fotográfica "Memoria industrial en Galicia". En ella se podrá ver una selección de 20 fotografías de este proyecto, algunas de ellas inéditas en el blog, que incluyen fábricas localizadas en las cuatro provincias gallegas  [ver+]
  
Antón Sobral e Carmen Hermo
Antón Sobral e Carmen Hermo
Na beira do río. Diálogos na pintura
Clausurada el 18 de noviembre de 2018

Unha nova edición de "Na beira do río. Diálogos na pintura" chega para amosar o traballo destes dous artistas: Antón Sobral e Carmen Hermo son os protagonistas  [ver+]
  
Alba Sotelo
Alba Sotelo
Voltar a Ítaca
Clausurada el 18 de noviembre de 2018

Mostra "Voltar a Ítaca". Proxecto fotográfico en defensa do mar e as súas xentes de Alba Sotelo  [ver+]
  
Do Final e do comezo 2018
Do Final e do comezo 2018
Clausurada el 30 de septiembre de 2018

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle, como cada ano, unha selección dos Traballos Fin de Grao de Belas Artes ( TFG). Este ano podemos ver unha ampla representación dos alumnos e alumnas que terminaron a súa carreira  [ver+]
  
Agnès Varda
Agnès Varda
Variacións ao redor do mar
Clausurada el 26 de agosto de 2018

Exposición "Variacións ao redor do mar" de Agnès Varda  [ver+]
  
Page Tsou
Page Tsou
Hide- and- seek
Clausurada el 4 de marzo de 2018

Mostra "Hide- and- seek" do artista Page Tsou (Taiwan, 1978) que exhibe a súa obra en España por segunda vez. A exposición reúne dez proxectos que comprenden máis dun centenar de orixinais do autor taiwanés  [ver+]
  
Jaime Falcón e Agustín Pousseu
Jaime Falcón e Agustín Pousseu
Na beira do río. Diálogos na pintura
Clausurada el 12 de noviembre de 2017

Jaime Falcón (Cambados, Pontevedra, 1942) e Agustín Pousseu (Santa María-Río Grande do Sul, Brasil, 1958) achéganse á corrente do Lérez para dende as súas orelas converter a súa pintura en protagonista do outono pontevedrés  [ver+]
  
Xan Xiadas
Xan Xiadas
Áreas de sal
Clausurada el 12 de noviembre de 2017

Outono fotográfico. Mostra de fotografía realizada por Xan Xiadas, que vén deste xeito a manter á fotografía como disciplina artística de interese como achega ao outono artístico pontevedrés  [ver+]
  
Do final e do comezo 2017
Do final e do comezo 2017
Clausurada el 3 de septiembre de 2017

Exposición "Do final e do comezo 2017" de traballos de graduados/as en Belas Artes  [ver+]
  
Imaxinar a educación
Imaxinar a educación
50 anos con Frato
Clausurada el 11 de junio de 2017

"A exposición Imaxinar a educación. 50 anos con Frato" é unha invitación a pensar, a discutir prácticas desacertadas, a imaxinar un cambio  [ver+]
  
Elisa no mundo das marabillas
Elisa no mundo das marabillas
Clausurada el 1 de abril de 2017

Exposición "Elisa no mundo das marabillas", baseada no conto homónimo editado por Galaxia e realizado no taller artístico do centro residencial da Asociación de Familias de Personas con Parálisis Cerebral (APAMP)  [ver+]
  
Océano-Mar
Océano-Mar
Colectiva
Clausurada el 10 de febrero de 2017

A mostra, que fai referencia no seu título ao libro de Alessandro Baricco "Océano-Mar" consiste nunha homenaxe ao mar onde se mesturan a pintura, a escultura, a poesía, a música, a fotografía o audiovisual..  [ver+]
  
Rosa Úbeda / Yolanda Dorda
Rosa Úbeda / Yolanda Dorda
Na beira do río. Diálogos dende a pintura
Clausurada el 20 de noviembre de 2016

Neste ano 2016 chegamos á sexta edición desta cita no outono coa pintura de Rosa Úbeda e Yolanda Dorda. Ambas propoñen unha pintura chea de referencias á muller e ao seu papel nesta sociedade  [ver+]
  
Raquel Calviño
Raquel Calviño
Estar é ser
Clausurada el 20 de noviembre de 2016

A artista Raquel Calviño continúa o traballo expositivo de fotógrafos que, como Miguel Vidal, Juan Adrio, Rosa Neutro ou Santi Vega, amosaron a súa maneira de mirar a vida a través da cámara  [ver+]
  


Inicio » Mapa de museos y exposiciones » Galicia » Pontevedra » Pontevedra » Pazo da Cultura » Alba Sotelo » exposición Nº 40037