De Picasso a Kapoor. Foto 1
 
De Picasso a Kapoor
Obra gráfica e Múltiple Contemporáneos
Clausurada el 20 de Junio
Museo Provincial de Lugo
web: www.museolugo.org
   

Artistas con obra en exposición: Pablo Ruíz Picasso, Joan Miró, Marc Chagall, Salvador Dalí, Rafael Canogar, Luis Feito, Antoni Tápies, Eduardo Chillida, Antonio Saura, Manolo Valdés, Miguel Berrocal, José Guerrero, Eduardo Arrollo, Richard Serra, Joseph Beuys, Jannis kounellis, Arnulf Rainer, Pierre Alechinsky, Karel Appel, Victor Vasarely, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, Sol Lewitt, Andy Warholl, Miquel Barceló, José María Sicilia, Luis Gordillo, Jaume Plensa, Damien Hirst, Spencer, Tunick, Takshi Murakami, Paul MacCarthy, Yoshitomo Nara e Anish Kapoor.

Organiza: Deputación de Lugo
Comisariado: Antonella Montinaro. GACMA
Coordinación Red Museística: Encarna Lago, Xerencia Rede Museística Provincial

En todos os museos da Rede

Algunhas das obras en exposición están repartidas polos outros tres museos da Rede Museística e para coñecer a mostra no seu conxunto proxectarase un vídeo en todos os museos.

 

Museo Fortaleza San Paio de Narla (do 24 de abril ao 20 de xuño de 2018).

Obra de Rafael Canogar, Antonio Saura, Miquel Barceló, Jaume Plensa e José Mª Sicilia.

Museo Pazo deTor (do 24 de abril ao 20 de xuño de 2018).

Obra de Pablo Ruiz Picasso, Salvador Dalí, Rafael Canogar, Antoni Tápies, Eduardo Chillida, Miquel Berrocal, Miquel Barceló, Jaume Plensa, José Guerrero e José María Sicilia.

Museo Provincial do Mar (do 22 de maio ao 20 de xuño de 2018).

Obra de Pablo Ruiz Picasso, Salvador Dalí, Rafael Canogar, Antoni Tápies, Eduardo Chillida, Miquel Berrocal, Miquel Barceló, Jaume Plensa, José Guerrero e José María Sicilia.

***

A obra gráfica contemporánea: evolución e experimentación

A obra gráfica contemporánea parece posicionarse hoxe nun terreo separado da súa concepción tradicional cambiando de percepción e prioridades e destacando posibilidades pouco desenvoltas ata o momento.

As súas características máis marcadas, como o democrático, múltiple, económico ou popular son transformadas e reorganizadas polo artista formando parte dun discurso conceptual na obra onde as potencialidades son asumidas como instrumentos creativos ao servizo da arte.

A importancia da tecnoloxía na produción, de forma involuntaria, engádelle valor á manufactura da obra envolvéndoa dunha aura particular e tan diversa como as diferentes técnicas e usos e, ademais, incorpóranse como ferramentas ocultas no proceso gráfico creativo.

Nos últimos tempos, moitos artistas utilizaron a obra gráfica sen prexuízos como base de moitos dos seus traballos. As súas propiedades plásticas, a súa incitación á investigación, a súa capacidade de sorprender, o seu abanico de posibilidades e soportes ou as súas fronteiras abertas fan da gráfica moderna unha disciplina en auxe para a creación contemporánea.

Esta exposición revela a evolución dunha serie de prácticas artísticas que teñen en común o uso intensivo de representacións susceptibles de ser reproducidas por medios mecánicos e/ou dixitais (gravado, litografía, xilografía, linóleo, impresión dixital, fotografía…) xunto cunha reflexión sobre a relación entre o artista e os seus procedementos. Quérese reflexionar sobre a relación actual entre produción artística e tecnoloxía.

Deste modo, a exposición posicionábase na intersección de dous sistemas: a articulación entre unha colección de arte moderna e contemporánea e a historia da arte, usando o vínculo entre arte contemporánea e reproducibilidade técnica.

O percorrido expositivo foi formulado en distintos bloques temáticos  para a súa correcta compresión: miradas cruzadas da modernidade e as orixes da arte contemporánea en España;  a gráfica española das segundas vangardas,  entre realismo e abstracción; o intercambio cultural internacional na época franquista; a escultura contemporánea e a obra múltiple seriada; a evolución da arte abstracta en Europa; o Pop Art e a serigrafía; unha visión poética da arte española nos anos oitenta e noventa; as prácticas artísticas e os novos modos de produción no século XXI.

As orixes da arte contemporáneo en España. Miradas cruzadas da modernidade: Picasso, Miró e Dalí

O principio do século XX en España resultou ser moi prolífico en canto á aparición de grandes artistas.

A lectura da vangarda española que propoñemos nesta selección de obra gráfica desprégase, cronoloxicamente, poñendo de relevo as traxectorias destes tres artistas: Picasso, Miró e Dalí como partícipes en distintas manifestacións vangardistas.

Picasso apareceu na escena artística na primeira década do século XX, Miró na década de 1910 e Dalí a comezos dos anos ‘20.

Os tres foron grandes buscadores de linguaxes novas e os seus encontros e influencias cruzadas, a miúdo invisibles ou inconscientes.

Estes artistas evidencian un desexo de renovación das linguaxes plásticas e cuxo paradigma é encontrado polos artistas nas correntes europeas.

Tomando como referente as distintas correntes do momento -Cubismo, Futurismo, Fauvismo ou Surrealismo-, participan na dimensión internacional da arte de vangarda do século XX.

Picasso realizou a súa primeira litografía en 1919, como unha invitación á exposición que presentou na galería Rosenberg de París, desde entón, e ata 1930, utilizou a técnica litográfica para ilustrar algúns libros, catálogos e invitacións, pero non foi ata 1945 cando se interesou realmente por este sistema de estampación.

Comezou a elaborar estampas sobre pedra a partir de novembro de 1945 no taller de Fernand Mourlot, en París, onde o artista se implicou en todas as fases de produción, desde o debuxo sobre a pedra ata o control das primeiras tiradas.

O taller Mourlot, aberto en 1852, foi un lugar que elixiron para estampar os grandes artistas da época, entre eles Matisse, Miró, Chagall, Braque, Leger, Magritte e, incluso, Dalí.

Os cambios da linguaxe plástica non chegaron a influír de maneira definitiva na renovación das técnicas de reprodución gráfica artesanais empregadas ata o momento: o gravado e a litografía. Non obstante crearon as bases para a adaptación tecnolóxica nos anos futuros.

A gráfica española das segundas vangardas. Entre realismo e abstracción

Tras a II Guerra Mundial xorden as  segundas vangardas, empeza a desenvolverse a sociedade de consumo e o capitalismo, o coleccionismo dispárase e a arte convértese nun obxecto de especulación.

O trazo común en todos os movementos que xorden é o desexo de innovación constante e a meta dos artistas é a experiencia novidosa, é a busca do novo, recorrendo a novos materiais, industriais ou de refugallo.

En España, a finais dos anos ’40, xorden as primeiras agrupacións contra a arte academicista oficializada polo Estado.  A pesar de esta efémera existencia, iniciativas tales como as do grupo barcelonés Dau al Set, creado en 1948 polo poeta Joan Brossa, o filósofo Arnau Puig e os pintores Joan Ponç ou Antoni Tàpies, entre outros, están consideradas como uns dos primeiros referentes da vangarda artística interior posterior á posguerra española.  Con sólidas estratexias de actuación, a través de exposicións itinerantes, publicacións ou intercambios culturais, conseguiron introducir a sociedade, os galeristas, coleccionistas e editores no gusto pola estética surrealista e a arte abstracta en xeral.

En paralelo, ata mediados da década dos sesenta, aparece unha etapa que vén condensar o nacemento dunha gran cantidade de agrupacións artísticas divididas, á súa vez, en dous movementos moi diferentes: o abstracto e o realista.

Dúas visións, estéticas e ideoloxías moi diferentes, pero que confluían cara ao mesmo obxectivo de levar a cabo unha loita contra a desinformación e o illamento do país durante a época franquista. 

Artista emblemático desta época foi  Antoni Tàpies. Tras o seu paso por Dau al Set, influenciado pola filosofía existencialista e pola pegada deixada polo conflito bélico nunha concepción pesimista do home, dentro do informalismo, Tàpies situouse dentro da denominada “pintura matérica”. Os seus traballos caracterizábanse pola mistificación técnica e  o emprego de materiais heteroxéneos, moitas veces de refugallo ou de reciclaxe, mesturados cos materiais tradicionais da arte, na busca constante dunha nova linguaxe de expresión artística, algo que é moi evidente, tamén, na súa obra gráfica.

A escultura contemporánea e a obra múltiple seriada

A escultura contemporánea é unha das manifestacións artísticas que máis evolucionou ao longo do século XX. 

Este proceso evolutivo tivo como precedentes o ready made de Duchamp e o obxecto encontrado dada e surrealista, que foron revolucionando e liquidando, en parte, o concepto tradicional de escultura.

A chegada de Picasso ao mundo da cerámica foi totalmente casual, non obstante, unha vez que estivo en contacto con ela, converteríase nunha obsesión chegando a traballar nas súas creacións innumerables horas. Empezou con obxectos simples, tales como pratos e cuncos. Posteriormente, procedeu a crear formas máis ambiciosas, como xerras e xerras grandes, con asas zoomorfas ou antropomorfas. Cada cerámica producida por Picasso conta cun selo ou marca que se pode encontrar na parte inferior da obra, no reverso e, incluso, dentro da propia peza e algunhas edicións tamén contan co seu número de tirada.

A temática é moi variada, incluíndo figuras mitolóxicas gregas, formas de animais, como os mouchos e os peces, tauromaquias e caras, entre outras.

O múltiple de escultura foi un vehículo ideal para o pensamento de moitos artistas, un medio de comunicación e de difusión co que podía chegar a un gran número de público. 

Cando falamos de orixinais, trátase de cada unha das esculturas cuxa tirada, do mesmo modelo, oscila entre 2 e 8 exemplares, todas exactamente iguais e numeradas.

A vontade de facerlles accesible a moitos a obra de arte, levou ao escultor Miguel Berrocal a novos modos de facer e formar na escultura. Coa súa obra María de la O establécese a data histórica do nacemento da escultura multiplicada, que foi presentada na Bienal de Venecia de 1964 e, que dous anos máis tarde, gañou o premio de escultura na Bienal de París. Esta obra editada en serie de 200 exemplares foi todo un éxito comercial e supuxo o recoñecemento internacional de Berrocal como creador do múltiple.

A evolución da arte abstracta en Europa e en EEUU

O grupo COBRA formouse en París, en 1948, e foi composto por artistas provenientes dos Países Baixos e Escandinavia, sendo o seus principais representantes: Karel Appel, Asger Jorn e Pierre Corneille, aos cales se lles sumaron: Jean Atlan, Pierre Alechinsky, Constant, Noiret e Dotremont, inventor do nome do grupo (acrónimo das cidades dos seus principais representantes COpenhague, Bruxelas e Ámsterdam) e redactor do seu manifesto.  

Estes artistas marcáronse como obxectivo aproveitar a libre expresión do inconsciente sen a interferencia nin o control do intelecto e estas premisas fonden as súas raíces no  surrealismo, así como na violencia cromática, o dinamismo, o acento no proceso e o interese polo aceno inconsciente, que tamén pon o grupo en relación co  “action painting” americano. 

Ao terminar a guerra a situación en EEUU era moi diferente da europea, as súas cidades non foran devastadas e a vida cultural non se interrompera, ademais, desde os anos ’30 e na primeira metade dos ‘40, fora país de asilo para un bo número de artistas procedentes de países europeos, o que permitiu un coñecemento directo das súas obras e o seu pensamento.

A influencia que o coñecemento directo dos vangardistas europeos tivo sobre os rapaces artistas norteamericanos  foi moi grande, pero aínda maior foi a que exerceron aqueles que se inseriron na sociedade americana como docentes, entre eles un grupo de profesores da Bauhaus: Walter Gropius, Marcel Breuer (Universidade de Harvard), Mies van der Rohe (ITT de Chicago) ou Moholy Nagy, que fundou en Chicago a Nova Bauhaus.

A pintura óptica tiña profundas raíces na tradición del Bauhaus e foi a consecuencia do tipo de experimentos continuos con diversos materiais que o Bauhaus alentaba nos seus alumnos.

Op-art, abreviatura de Optical-Art, foi un movemento pictórico nado nos Estados Unidos, no ano 1958, cuxo nome se empregou, por primeira vez, en 1964 na revista Times.

Esta corrente artística abstracta baseábase na composición pictórica de fenómenos puramente ópticos, sensacións de movemento nunha superficie bidimensional, que enganaban o ollo humano mediante ilusións ópticas e estruturas de repetición cunha orde clara. Fronte a outras tendencias racionais, a “Arte Óptica” baséase en principios científicos rigorosos co fin de producir efectos visuais inéditos.

Máximo expoñente do Op-art foi Victor Vasarely, artista de orixe húngara  que foi estudante da Bauhaus de Budapest e empezou como artista gráfico antes de dedicarse á pintura a metade dos anos ´40, recuperando da influencia do Bauhaus o carácter funcional da plasticidade.

 

 

Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta

 

 en Facebook esta exposición comparte en Twitter esta exposición   Como llegar

foto usuario
Iniciar sesión   |   Registrarse
  • Añade esta expo a tus favoritos
  • Envia este enlace a un amigo
Ver mis favoritos
Elige el idioma de la página
MUSAC Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León
Museo San Telmo
Museo Lázaro Galdiano
 

  TODAS LAS EXPOSICIONES DE ESTE ESPACIO  
Rafael Úbeda
Rafael Úbeda
Cromatismo expresivo
Clausurada el 8 de diciembre de 2019

Desde a experiencia que lle proporciona a súa continuada e sólida posición como artista, Rafael Úbeda encóntrase, actualmente, nunha etapa na que afronta a creación, trazando unha realidade nunca vista...  [ver+]
  
José Vázquez Cereijo
José Vázquez Cereijo
Eu sempre soñei ser a miña historia
Clausurada el 22 de septiembre de 2019

Exposición "Eu sempre soñei ser a miña historia. José Vázquez Cereijo" (exposición antolóxica)  [ver+]
  
Antón Lamazares
Antón Lamazares
Flor Novoneyra
Clausurada el 21 de julio de 2019

A exposición do Museo de Lugo presenta unha antoloxía plástica cos versos de Novoneyra a través de unha selección de pinturas de Lamazares, así como unha mostra de caligramas orixinais de Uxío Novoneyra...  [ver+]
  
Percorrido pola moeda estranxeira da colección numismática do Museo Provincial de Lugo
Percorrido pola moeda estranxeira da colección numismática do Museo Provincial de Lugo
Clausurada el 21 de julio de 2019

Exposición "Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo", nesta ocasión dedicada á Moeda extranxeira  [ver+]
  
Ofelia Cardo
Ofelia Cardo
Esquecer ata esvaecer
Clausurada el 10 de julio de 2019

"Esquecer ata esvaecer" é un proxecto artístico que se presenta na Rede Museística de Lugo. Pretende poñer en contacto, a través das obras expostas, os traumas familiares non elaborados e xerados pola Guerra Civil Española  [ver+]
  
Viki Rivadulla
Viki Rivadulla
BRUXA! Libres, rebeldes, insubmisas
Clausurada el 9 de junio de 2019

"Bruxa!" é un proxecto artístico sobre a violencia contra as mulleres e que reivindica a liberdade das mesmas. Fala sobre as mulleres e a represión patriarcal agachada tras a queima de bruxas e que a autora mantén que segue vixente a día de hoxe  [ver+]
  
A muller do século XXI
A muller do século XXI
Clausurada el 30 de mayo de 2019

Esta exposición é un percorrido polo traballo en favor do cumprimento dos dereitos humanos, o mellor camiño para alcanzar a dignidade e a igualdade entre todos os seres humanos, a través de proxectos de Mans Unidas  [ver+]
  
Un de cen
Un de cen
Comprendendo o Espectro
Clausurada el 30 de abril de 2019

"Un de cen. Comprendendo o Espectro". A mostra propón afianzar o potencial creativo das persoas con Tea (Trastorno do Espectro do Autismo)  [ver+]
  
Sabela Arias Castro
Sabela Arias Castro
Conversas
Clausurada el 30 de abril de 2019

Exposición "Conversas" de Sabela Arias Castro. Mostra integrada no proxecto expositivo "EU... TI... ELAS...NOSOUTRAS... NOSOUTRXS EN REDE 2019", repartida polos catro museos da Rede Museística Provincial  [ver+]
  
Sesé Santiso
Sesé Santiso
O cotián revisado
Clausurada el 7 de abril de 2019

O proxecto pretende reivindicar o cotián como instrumento ao servizo da memoria, un obxecto digno de ser presentado e, á súa vez, representado a través dunha imaxe que actúa como documento, como pegada...  [ver+]
  
Mercedes Vázquez Saavedra
Mercedes Vázquez Saavedra
Mulheres e Viaxe polo mundo da máscara
Clausurada el 31 de marzo de 2019

A exposición "Mulheres" é froito dun proxecto arredor das mulheres arrainas, da raia galego-portuguesa, e mesmo da raia portuguesa-zamorá, e até da raia galego-berciá..., e continuará  [ver+]
  
Luces de alén mar
Luces de alén mar
As escolas de americanos en Galicia
Clausurada el 3 de febrero de 2019

"Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia" vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América...  [ver+]
  
Juan Puchades Quilis
Juan Puchades Quilis
Modelando vidas
Clausurada el 27 de enero de 2019

Escultor e docente que naceu en Valencia o 16 de marzo de 1934. Estudou Belas Artes na Escola Superior de San Carlos da súa cidade natal -onde se especializou en escultura...  [ver+]
  
Memoria Musapalabra
Memoria Musapalabra
Oficio de Palabreirxs
Clausurada el 27 de enero de 2019

Este proxecto aborda como eixes de análise e reflexión temas fundamentais sobre, migración, discapacidade, inclusión, xénero e sostibilidade  [ver+]
  
Manuel Jorge
Manuel Jorge
Obra pictórica 1958-2017
Clausurada el 11 de noviembre de 2018

A obra de Manuel Jorge chega ó museo de Lugo cunha restrospectiva de máis de sesenta anos de creación pictórica. Esta exposición recolle unha panorámica da súa obra pictórica dende os seus primeiros cadros ata a súa obra máis recente  [ver+]
  
Roberto González Fernández
Roberto González Fernández
Control (Historia)
Clausurada el 30 de septiembre de 2018

Con este cento de retratos de Roberto González Fernández, a maioría de homes, o artista transcende o valor estético da obra de arte e proponnos reflexionar sobre a imaxe como comunicación..  [ver+]
  
Pepe Galán
Pepe Galán
A volta dunha ausencia
Clausurada el 2 de septiembre de 2018

O escultor Pepe Galán (A Coruña 1955) presenta esta mostra no Museo Provincial de Lugo. Trátase dun percorrido por obras que establecen conexión no espazo tempo, realizadas en moitos casos dende a fusión dos medios expresión  [ver+]
  
Percorrido polos Tesouriños da Colección Numismática do MPLugo
Percorrido polos Tesouriños da Colección Numismática do MPLugo
Clausurada el 31 de agosto de 2018

Los tesorillos mostrados de manera monográfica en esta exposición, sita en el refectorio del MPL, abarcan una categoría específica de los hallazgos numismáticos, entendiendo este concepto como una acumulación de monedas ocultadas  [ver+]
  
De Picasso a Kapoor
De Picasso a Kapoor
Obra gráfica e Múltiple Contemporáneos
Clausurada el 20 de junio de 2018

El recorrido expositivo de esta gran muestra se ha formulado en distintos bloques temáticos para una correcta comprensión y las obras en exposición están repartidas por los distintos Museos da Rede Museística.  [ver+]
  
Converxencias 2018
Converxencias 2018
Colectiva
Clausurada el 31 de mayo de 2018

A Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo presenta a exposición Converxencias 2018. A mostra está com­posta por unha selección de obras e proxec­tos realizados nos últimos anos polo alumnado..  [ver+]
  
A pintura mural de Santa Eulalia de Bóveda
A pintura mural de Santa Eulalia de Bóveda
Acuarelas de Elías de Segura, 1927
Clausurada el 15 de abril de 2018

De todo o conxunto monumental arqueolóxico de Santa Eulalia, o discurso expositivo deste proxecto céntrase nas destacadas manifestacións pictóricas e nas reproducións realizadas polo restaurador, conservador de obras de arte, Elías de Segura en 1927  [ver+]
  
Colección Ávaro Gil Varela
Colección Ávaro Gil Varela
Paixón pola arte
Clausurada el 15 de abril de 2018

Esta mostra reúne unha escolma de 41 artistas con obras datadas entre os séculos XVI e XX. En total son 44 pinturas e 5 esculturas de gran relevancia: Mestre da Calzada, José de Ribera, Francisco de Zurbarán, Bartolomé E. Murillo..  [ver+]
  
Ana DMatos
Ana DMatos
The Living Water. Washerwomen in the river
Clausurada el 1 de abril de 2018

Esta instalación forma parte de EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE. Este é un traballo que afunde as súas raíces na idea de desenvolvemento e globalización, que debería servir para crear e mellorar as nosas vidas  [ver+]
  
Luz Darriba
Luz Darriba
As santas migrantas
Clausurada el 1 de abril de 2018

Esta instalación forma parte de EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE. Proxecto en proceso que intenta recoller, a través de fotografías e testemuños, a voz de moitas mulleres que cruzaron o mundo para melloraren a vida  [ver+]
  
Mery Pais
Mery Pais
trans (cender) (mitir) (formar)
Clausurada el 1 de abril de 2018

Esta instalación forma parte de EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE. Video creación/reportaxe da relación da artista Mery Pais coa Rede Museística de Lugo..  [ver+]
  
Basilisa Fiestras
Basilisa Fiestras
Marco, elemento e soporte. Regras para un parque humano
Clausurada el 1 de abril de 2018

Basilisa Fiestras "Marco, elemento e soporte. Regras para un parque humano". Esta instalación forma parte de EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE  [ver+]
  
Mónica Alonso
Mónica Alonso
Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas, aplicación a grupos culturais e sociais de Lugo
Clausurada el 1 de abril de 2018

Esta instalación forma parte EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE  [ver+]
  
David Catá
David Catá
Ephemera
Clausurada el 31 de enero de 2018

"Ephemera" chega con David Catá nun momento de madurez creativa, que non vital (Viveiro, 1988), resultado dunha consolidación artística profesional, con varios recoñecementos e premios acadados recentemente  [ver+]
  
Fotografía a cegas IV
Fotografía a cegas IV
Trato-Retrato
Clausurada el 9 de enero de 2018

Cando no ano 2011 a Rede Museística Provincial de Lugo afronta o reto de adaptar o posto de vixiante guía no Museo Provincial do Mar para unha persoa cega deu comezo unha fermosísima aventura que se chamou "Fotografía a Cegas"  [ver+]
  
Mama Mía!
Mama Mía!
Outras miradas ao cancro de mama
Clausurada el 26 de noviembre de 2017

Exposición "Mama Mía! Outras miradas ao cancro de mama". (Fotografías de Alex F. Romero)  [ver+]
  
Siro
Siro
Retrospectiva, 1970-2017
Clausurada el 5 de noviembre de 2017

Esta mostra que agora se presenta constitúe a primeira retrospectiva que se fai deste artista. Nela amósase unha ampla escolma da súa extensa obra, mostra que se estrutura atendendo ás diferentes facetas artísticas nas que traballou..  [ver+]
  
Francisco Lloréns
Francisco Lloréns
O pintor da paisaxe galega
Clausurada el 5 de noviembre de 2017

Aproveite a ocasión que nos ofrece esta exposición nos Xardíns para entrar nas salas do Museo e coñecer mellor a obra de LLoréns, un dos grandes referentes da arte galega contemporánea  [ver+]
  
Randolfe Vilariño
Randolfe Vilariño
Escolma
Clausurada el 15 de octubre de 2017

Exposición "Escolma" de Randolfe Vilariño  [ver+]
  
Maruja Mallo
Maruja Mallo
Vinte almas
Clausurada el 3 de septiembre de 2017

Con obras de artistas que fueron importantes en la vida de Maruja Mallo, como Picasso o Miró, de sus colegas de la Escuela de Vallecas, como Benjamín Palencia y Alberto Sánchez; incluso exiliados gallegos como Luis Seoane o Eugenio Granell  [ver+]
  
Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo
Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo
Clausurada el 31 de agosto de 2017

Esta mostra é o resultado proceso divulgativo que ten como obxectivo dar a coñecer o programa de investigación dos fondos numismáticos do Museo Provincial de Lugo, que superan as 8.000 pezas, sen contar as 459 medallas  [ver+]
  
Luis Davila
Luis Davila
Humor do país
Clausurada el 31 de julio de 2017

Exposición "Humor do país" de Luis Davila (O Bichero) nos museos da Rede Museística  [ver+]
  
Olladas da infancia
Olladas da infancia
Carballeira aloumiñada
Clausurada el 14 de junio de 2017

"Olladas da infancia: carballeira aloumiñada", unha exposición realizada no marco de "Fotografia en curso", programa pedagóxico que en Galicia coordina o CGAI AGADIC dentro do Plan Proxecta  [ver+]
  
Hipólito Xeada
Hipólito Xeada
Marexada de cores
Clausurada el 14 de mayo de 2017

Exposición "Marexada de cores" del artista Hipólito Xeada  [ver+]
  
Postais da guerra de África (1909-1927)
Postais da guerra de África (1909-1927)
Colección de M. Urbano Barrio
Clausurada el 1 de marzo de 2017

Esta mostra de postais amosan imaxes dunha das contendas máis tráxicas e crueis da historia española do século XX e que tivo unha enorme repercusión nos medios de comunicación  [ver+]
  
O mundo flúe
O mundo flúe
Dúas miradas sobre unha mesma realidade
Clausurada el 17 de febrero de 2017

Trátase dunha selección de máis de 40 obras das presentadas á Bienal de Arte Contemporánea que vén organizando a ONCE desde 2006  [ver+]
  
Fotografía a cegas 4
Fotografía a cegas 4
Clausurada el 15 de enero de 2017

Exposición "Fotografía a cegas 4"  [ver+]
  
Pedro Cantero
Pedro Cantero
Mulleres en Turquía
Clausurada el 19 de diciembre de 2016

A mostra de fotografías con estas mulleres obtívose directamente en espazos públicos de cidades de Turquía, país cos seus propios usos e costumes, rúas e prazas cheas de xentes de aparencias étnico-culturais diversas..  [ver+]
  
Je ne baise plus
Je ne baise plus
Fotografías de Iván Merayo
Clausurada el 30 de noviembre de 2016

Exposición "Je ne baise plus. Fotografías de Iván Merayo"  [ver+]
  
Gumersindo Pardo Reguera
Gumersindo Pardo Reguera
Inspirador de Picasso
Clausurada el 20 de noviembre de 2016

Esta esposición, que amosa un total de corenta pezas, componse de trinta óleos (4 do MPLugo), un debuxo, un gravado (de Carl Dupuis), que pertenceu a Pardo Reguera, 6 fotografías, unha cámara fotográfica e un vídeo.  [ver+]
  
Xosé Vizoso
Xosé Vizoso
Carteis (1970-2015)
Clausurada el 30 de octubre de 2016

Os carteis de Vizoso van moito máis alá dun anuncio, da noticia dunha festa, da información de urxencia sobre un evento social ou cultural  [ver+]
  
Christian Villamide
Christian Villamide
A paisaxe contra a parede
Clausurada el 31 de julio de 2016

Exposición de Christian Villamide "A paisaxe contra a parede"  [ver+]
  
Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo
Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo
Clausurada el 31 de julio de 2016

Exposición Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo  [ver+]
  
Diversxs e visibles
Diversxs e visibles
Arte, iconografía, educación e testemuña LGTBI
Clausurada el 2 de julio de 2016

E exposición "Diversxs e visibles" é unha mostra colectiva na que unha selección de artistas visibiliza a través da súa obra a diversidade sexual e de xénero.  [ver+]
  
Román Montesinos
Román Montesinos
Non lle busques os tres pés ao gato
Clausurada el 5 de junio de 2016

A exposición fotográfica "Non lle busques os tres pés ao gato" mostra unha colección de fotografías nas que o autor establece unha simbiose entre obxectos, estes recrean finalmente unha metáfora.  [ver+]
  
16 ou 20 contidos desbordados
16 ou 20 contidos desbordados
Colectiva
Clausurada el 7 de mayo de 2016

Exposición: 16 ou 20 contidos desbordados  [ver+]
  
Fisuras na vitrina
Fisuras na vitrina
Abrindo a Sala do Tesouro
Clausurada el 30 de abril de 2016

Segundo as comisarias, Monse Cea e María Xosé Bóveda, esta exposición que compila arte contemporánea e arqueoloxía.  [ver+]
  
MUESTRA NÓS + OUTRAS EN REDE
MUESTRA NÓS + OUTRAS EN REDE
Clausurada el 30 de abril de 2016

MUESTRA NÓS + OUTRAS EN REDE  [ver+]
  
Palabras pintadas
Palabras pintadas
Clausurada el 3 de abril de 2016

Exposición Palabras pintadas (Sala Multiusos do MPLugo)  [ver+]
  
A cultura material do castro de Sta. María de Castro
A cultura material do castro de Sta. María de Castro
Clausurada el 31 de enero de 2016

Esta exposición pretende dar a coñecer este poboado, cuxas escavacións determinaron unha ocupación romana principal datada nos séculos I e II d. C  [ver+]
  
Luis Seoane. Paisaxe psíquica
Luis Seoane. Paisaxe psíquica
Clausurada el 17 de enero de 2016

A paisaxe en Luis Seoane é unha sorte de viaxe; primeiro física, logo mental.  [ver+]
  
A arte de xuntar II
A arte de xuntar II
Colección Quiroga-Monte de xoguetes antigos: trens e outras pezas
Clausurada el 12 de octubre de 2015

140 aniversario da chegada do tren a Lugo. Esta exposición, organizada pola Deputación Provincial de Lugo a través da Rede Museística, conta cunha destacada selección de trens infantís e outra de xoguetes antigos.  [ver+]
  
Felipe Criado
Felipe Criado
Cadaquén que pense o que queira...
Clausurada el 30 de agosto de 2015

Esta mostra homenaxe céntrase nunha selección de obras pintadas nos últimos catro anos, entre 2008 e 2012, e inscríbense en tres das súas máis célebres series (San­tander, Pompeianas e Paraugas).  [ver+]
  
Fotografía a Cegas II + Audiovisual a cegas I
Fotografía a Cegas II + Audiovisual a cegas I
Clausurada el 31 de julio de 2015

Esta exposición, que hoxe presentamos, recolle o traballo colectivo de todo o proxecto onde traballaron en equipo: artistas, persoal da Rede Museística da Deputación de Lugo e a comunidade de persoas cegas.  [ver+]
  
Pintura galega contemporánea
Pintura galega contemporánea
Colección de Álvaro Gil Varela
Clausurada el 30 de junio de 2015

A exposición "Pintura galega contemporánea (Colección de Álvaro Gil Varela)" consta dunha selección de 61 obras de 21 autores cuxa produción abrangue os séculos XIX e XX.  [ver+]
  
Un museo agradecido
Un museo agradecido
Clausurada el 31 de mayo de 2015

Homenaxe do MPLugo ás persoas e entidades que o fixeron posible  [ver+]
  
Artistas Xordos
Artistas Xordos
(40 aniversario de ASORLU)
Clausurada el 30 de abril de 2015

Artistas que expoñen: Hipólito Xeada, Fina Eiros, Pedro Quiñoá, Antonio García e Brais Vila.  [ver+]
  
Orixes Creativas
Orixes Creativas
Artistas pensionados pola Deputación de Lugo 1889-1960
Clausurada el 12 de abril de 2015

No ano 1889, a Deputación de Lugo, emprenderá unha política de promoción das artes ao concederlle a Manuel Salgado López, pintor autodidacta, a primeira bolsa...  [ver+]
  
Vicente Ansola
Vicente Ansola
Os Camiños da Brétema
Clausurada el 31 de marzo de 2015

Exposición foto-poética de Vicente Ansola e Porta Verde do Sétimo Andar.  [ver+]
  
A nación galega en pé. 50 anos da fundación da Unión do Povo Galego
A nación galega en pé. 50 anos da fundación da Unión do Povo Galego
Clausurada el 3 de marzo de 2015

Ollar A Nación galega en pé. 50 anos da fundación da Unión do Povo Galego, supón un reflexivo reencontro con feitos que se gardan na memoria colectiva e individual das galegas e dos galegos.  [ver+]
  
Estampas Lucenses
Estampas Lucenses
Colección de postais de Manuel Urbano
Clausurada el 31 de enero de 2015

Trátase dunha mostra integrada por máis de 140 postais orixinais realizadas, aproximadamente, entre os anos 1890 e 1950...  [ver+]
  


Inicio » Mapa de museos y exposiciones » Galicia » Lugo » Lugo » Museo Provincial de Lugo » De Picasso a Kapoor » exposición Nº 35945