FLOR NOVONEYRA
Como persoa de aldea sucedeume todo na miña infancia.
Unha das razóns polas que preferín a pintura sobre a poesía
é porque tantas cousas que puiden escribir, escribíunas Novoneyra
ANTÓN LAMAZARES
FLOR NOVONEYRA é un diálogo entre a pintura de Antón Lamazares e a verba de Uxío Novoneyra, a través das expresións polas que compartiron amor e traballo: Palabra e Imaxe, xusto no camiño intermedio existente entre as dúas, e motivo de interese dos dous creadores: a palabra feita imaxe, a imaxe feita palabra. Trátase dunha fusión entre pintura e poesía conductuada a través do Alfabeto Delfín creado por Lamazares. Flor Novoneyra, segundo as verbas do propio artista, sería o seu “testamento pictórico”, dedicado ao poeta do Courel, e que supón un encontro de dous xigantes da cultura galega.
A exposición do Museo de Lugo presenta unha antoloxía plástica cos versos de Novoneyra a través de unha selección de pinturas de Lamazares (Lalín, Pontevedra, 1954), así como unha mostra de caligramas orixinais de Uxío Novoneyra (1930, Parada de Moreda, Serra do Courel, Lugo - 1999, Santiago de Compostela) e unha aportación gráfica, bibliográfica e documental do poeta considerado un dos introductores da poesía caligráfica na Literatura galega.
“Quero que o meu testamento pictórico sexa Flor Novoneyra porque como el penso tamén que “inda é nova a terra” e que todo o importante que temos que dicir xa nolo ten dito ela”, explica Lamazares, quen realizou para este proxecto máis dun centenar de obras nas que transcribe versos do poeta do Courel empleando o seu coñecido Alfabeto Delfín, un código inspirado no abecedario occidental que o pintor bautizou co nome do seu pai.
Abre a mostra unha das pezas fundamentais da exposición, en relación coa cidade de Lugo, a pintura adicada a Anxel Fole, onde se transcriben as verbas de Novoneyra no seu poema “Anxel Fole según Maside”: “Ollos de cinsa e nebra / chegados da tebra / Ollar antigo e novo! / Ollar que pon un manto ó pousar! / Ollar que neva! / Ollar que leva / e sabe o que se sabe / e canto en nós cabe! / Ollar aberto que abre / e tenta o couto do inralvabre!
Outras pezas tamén relacionadas coa cidade de Lugo, como a que contén os versos adicados ao moucho da Alameda:
“Moucho / nós non somos pra vivir eiquí / Os dous viñemos de lonxe / e tornaremos outra vez pra aló / onde o noso misterio se acai.”
A través de un espacio sonoro, o visitante reencontrarase tamén nesta exposición coa voz de Novoneyra, considerado un gran dicidor de versos. A mostra complétase con retratos do autor do Courel realizados por Laxeiro, Tino Grandío, Tavera ou Llorente e con unha selección de edicións dos seus libros.
Diálogo pintura e poesía
A exposición supón un diálogo entre pintura e poesía, “unha loita contra a extinción da cultura rural en comunión íntima e poética ca Terra”, en verbas da comisaria. Flor Novoneyra representa o encontro entre o pintor que quería ser poeta, como Lamazares se describiu ao longo da súa carreira, y co poeta namorado da pintura.
Case cinco décadas despois de que a súa aparición revolucionase a plástica en Galicia, Lamazares continúa hoxe sendo un dos pintores galegos con maior proxección internacional. A súa obra, recoñecida dentro e fora da comunidade, exhíbiese nos museos máis prestixiosos de España así como en espazos e galerías internacionais de referencia. Influenciado polas vangardas, pintor-nómada que viviu en New York, París, Madrid ou Berlín, o entorno rural que marcou a súa infancia no val do Deza deixou unha fonda pegada no seu imaxinario. O seu interese pola poesía e a súa relación de amizade con poetas, son dúas constantes de o seu universo creativo.
Uxío Novoneyra (1930, Parada de Moreda, Serra do Courel – 1999, Santiago de Compostela) representa unha das figuras de referencia das letras galegas. Á edade de 25 anos publicou Os Eidos (1955), poemario considerado unha das cumes da Literatura galega. Esta obra, ao igual que Libro do Courel, Muller pra lonxe ou Do Courel a Compostela, fan de Novoneyra unha das voces imprescindibles da Literatura galega e un dos grandes intérpretes da Terra e a súa poesía.
Novoneyra, lonxe da reducida imaxe de poeta da paisaxe, recoñecido como escritor caligráfico, disciplina artísca, bastarda/híbrida entre a poesía e a pintura, é referente case único a nivel español a partir dos anos 60, dende as tertulias artíscas do Café Gijón, onde é representante desta vangarda, que ten como referencia universal a Jackson Pollock.
Luns a venres: de 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta
![]() |
en Facebook esta exposición | comparte en Twitter esta exposición | Como llegar |
|
TODAS LAS EXPOSICIONES DE ESTE ESPACIO
|