Ofelia Cardo. Foto 1
 
Ofelia Cardo
Esquecer ata esvaecer

Esquecer ata esvaecer é un proxecto artístico que se presenta na Rede Museística de Lugo. É a continuación de Faltarme el suelo, un proxecto que pretende poñer en contacto, a través das obras expostas, os traumas familiares non elaborados e xerados pola Guerra Civil Española.

O motivo deste proxecto foi o encontro coas camisas do avó, morto na guerra, que sacou á luz a historia familiar. Un tema do que nunca se falaba. É por iso que agora, ao atopar estas pezas do pasado, asalta a dúbida de como chegamos a estar tan illados desa parte tan importante de nós mesmos. Esta desconexión entre o pasado e o presente, unida ao non nomeado pero latente na nosa historia persoal, é o que motiva este traballo.

O título alude ao esquecemento e ao esvaecemento dos recordos, no sentido da perda da transmisión de acontecementos. Con eles pérdese a posibilidade da restitución desa parte de nós mesmos, do coñecemento de saber como estamos constituídos.

Tamén se refire á morte da xeración que o viviu e dxs fillxs que están a piques de desaparecer. Mortos dúas veces, na guerra e na represión coa imposición do silencio e a desmemoria.

A construción simbólica do exposto elabórase mediante o enfrontamento que supón a caída do mundo no que se vivía. Un mesmo corpo que golpea as súas mans, a dereita contra a esquerda.

 O corpo construído unhas veces con tecidos como feltro ou xerseis xa elaborados e outras veces coas propias camisas do avó. Un corpo tenso e esgotado, que se arrastra polo chan e que ten as extremidades inseridas no formigón. As mans apresadas e a voz afogada, o meu pesar, abatida, de esguello, a espera, son algúns dos títulos das pezas que conforman ‘Esquecer ata esvaecer’. Unha reconstrución subxectiva que agarda escondida nos caixóns á espera de frear o triunfo da desactivación que logrou o esquecemento.

Ofelia Cardo

Estudos de Belas Artes nas universidades de Valencia e Pontevedra. Profesora na EASD, Escola de Arte Superior e Deseño, Antonio Faílde Ourense. Beca 12miradas::Riverside, Taller con Joan Fontcuberta. Biennal de Mislata Miquel Navarro 2018, Premis d´Art Públic. Mislata, Valencia.

Realizou diferentes exposicións individuais como: Faltarme el suelo, Librería Contrabandos, Madrid, 2018. Lastrar los ojos, Fundación Antonio Pérez, Cuenca, 2017. Soplo roto, Take Away Contemporany Art, Peñiscola, Castellón, 2015. A un lado e a outro, Museo Municipal de Ourense, 2013. Cuerpo domado, Centro Cultural Diputación de Ourense, 2009. Mostra joves creadors de L´horta, Quart de Poblet, Valencia, 2001, El árbol caído, Centro cultural de Mislata, Valencia 2000, Vegetando, Librería Eixo. Ourense, 2000.

 

Martes a venres: 11 a 14 e 17 a 20 h.
Sábados, domingos e festivos: 12 a 14 e de 17 a 20 h.

Entrada gratuíta

 en Facebook esta exposición comparte en Twitter esta exposición   Como llegar

foto usuario
Iniciar sesión   |   Registrarse
  • Añade esta expo a tus favoritos
  • Envia este enlace a un amigo
Ver mis favoritos
Elige el idioma de la página
Museo San Telmo
Museo Lázaro Galdiano
 

  TODAS LAS EXPOSICIONES DE ESTE ESPACIO  
Ofelia Cardo
Ofelia Cardo
Esquecer ata esvaecer
Clausurada el 10 de julio de 2019

"Esquecer ata esvaecer" é un proxecto artístico que se presenta na Rede Museística de Lugo. Pretende poñer en contacto, a través das obras expostas, os traumas familiares non elaborados e xerados pola Guerra Civil Española  [ver+]
  
Viki Rivadulla
Viki Rivadulla
BRUXA! Libres, rebeldes, insubmisas
Clausurada el 9 de junio de 2019

"Bruxa!" é un proxecto artístico sobre a violencia contra as mulleres e que reivindica a liberdade das mesmas. Fala sobre as mulleres e a represión patriarcal agachada tras a queima de bruxas e que a autora mantén que segue vixente a día de hoxe  [ver+]
  
Sabela Arias Castro
Sabela Arias Castro
Conversas
Clausurada el 30 de abril de 2019

Exposición "Conversas" de Sabela Arias Castro. Mostra integrada no proxecto expositivo "EU... TI... ELAS...NOSOUTRAS... NOSOUTRXS EN REDE 2019", repartida polos catro museos da Rede Museística Provincial  [ver+]
  
Roberto González Fernández
Roberto González Fernández
Control (Historia)
Clausurada el 30 de septiembre de 2018

Con este cento de retratos de Roberto González Fernández, a maioría de homes, repartidos polos catro museos da Rede Museística o artista transcende o valor estético da obra de arte e proponnos reflexionar sobre a imaxe como comunicación  [ver+]
  
De Picasso a Kapoor
De Picasso a Kapoor
Obra gráfica e Múltiple Contemporáneos
Clausurada el 20 de junio de 2018

Obra de Rafael Canogar, Antonio Saura, Miquel Barceló, Jaume Plensa e José Mª Sicilia. Algunhas das obras en exposición están repartidas polos outros tres museos da Rede Museística e para coñecer a mostra no seu conxunto proxectarase un vídeo en todo  [ver+]
  
Luis Davila
Luis Davila
Humos do país
Clausurada el 31 de julio de 2017

Exposición "Humor do país" de Luis Davila (O Bichero) nos museos da Rede Museística  [ver+]
  
nós outrxs en rede
nós outrxs en rede
Colectiva
Clausurada el 30 de abril de 2017

Os catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo presentan unha nova edición de "nós+outrxs en rede", unha mostra na que participan 9 artistas que nos propoñen microproxectos individuais, produto das súas particulares reflexións arredor das p  [ver+]
  
Mulleres en Turquía
Mulleres en Turquía
Retratos de convivencia
Clausurada el 31 de julio de 2016

Exposición fotográfica de Pedro Cantero sobre Turquía, a súa sociedade e a súa cultura a través de retratos de mulleres.  [ver+]
  


Inicio » Mapa de museos y exposiciones » Galicia » Lugo » Friol » Museo Etnográfico e da Historia de San Paio de Narla » Ofelia Cardo » exposición Nº 46598