"De formación autodidacta, na pintura de Alejos podemos ver influencias de diversas correntes estilísticas, como son o pop art, a arte naif ou o xaponés ukiyo-e, aínda que el prefire denominar o seu estilo como "un novo impresionismo".
Manchas de cores puras, ben definidas, xogan entre si harmoniosamente creando sutís paisaxes que impregnan as nosas retinas e que quedarán fixadas na nosa memoria, probablemente para sempre. Tráennos recordos de mestres de tempos pasados...del xaponés Hokusai, de Matisse e as súas cartolinas recortadas, tamén de Van Gogh e os seus coloridos paisaxes e mesmo, das xa máis recentes, pinturas americanas de Hockney. É
, ante todo, unha pintura lírica, imaxinativa, alegre, suxestiva e especialmente rechamante, coa que este artista nos recorda que a arte é ante todo creación, interpretación, non simple copia da realidade, facendo fincapé en que o mundo debe representarse, non só como é, senón tamén, como se sente. Hai obra de Alejos en EUA, China, Reino Unido, Portugal, España, etc,".