Fernando Barreira. Foto 1
 
Fernando Barreira
AllarizÉ
Clausurada el 24 de Septiembre
A Paneira

Allarize, é o novo proxecto expositivo que de forma especifica presenta o artista Fernando Barreira no histórico concello de Allariz, nomeado "Chave do Reino de Galicia" Sancho IV. Unha mostra, definida polo artista como: unha revisión gráfica das formas e maneiras de crecer eticamente, historias nas que todos queremos estar.

É esta, unha interesante exposición concibida como unha narración de feitos que marcaron a historia e entidade desta Vila que recibe o nome dos Suevos, Vila Alaricii. Unha homenaxe plástica a este rico concello, que dende o ano 1971 posúe a declaración de conxunto histórico artístico. Son moitos os seus valores, como ter o maior claustro Barroco de España, que se encontra no Real Mosteiro de Santa Clara; ter sido residencia de Reis Medievais como Alfonso X ou intelectuais comoVicente Risco. Pero sen dúbida algúns dos feitos máis relevantes da súa historia contemporánea foi: A revolta de Allariz no verán do ano 1989.

A Revolta de Allariz ten como epicentro os acontecementos sucedidos o verán do 89 no rio Arnoia, o eixe vertebrador desta vila xa dende época Castrexa. Uns feitos decisivos na politica e con iso a historia máis recente dos Alaricos. Anxo Quintana, Moncho Bouzas, Garda Civil, Veciños e Veciñas, alcalde, corporación, jovenes, todos eles representados en dúas dimensións cunha exquisita sensibilidade, psicologia e veracidade por Barreira. A xeito das columnas historiadas dos Romanos, ou os cadros historicistas do século XIX, Fernando é capaz de, sen perder en ningún instante un ápice do seu persoal estilo, inmortalizar cos seus pinceis esta Revolta que trouxo ao poder ao BNG dende hai máis de 25 anos.

Se esta Revolta foi un dos sucesos máis importantes do século XX en Allariz, A festa do Boi é un dos feitos máis importantes do século XIV. No ano 1317 Xan de Arzúa, un fidalgo montado nun boi o dia da procesión do Corpus enfrontouse aos judios que aproveitaban ese dia para enfrontarse aos habitantes de dentro de murallas. Dende ese dia, esta representación converteuse nunha tradicción centenaria ata o 1936, recuperandose dende o 1983 ata os nosos dias. Unha vez máis Barreira plasma na súa pintura coma se dun retablo barroco se tratará, estes acontecementos.

Será a escultura, non obstante, a disciplina elixida para render homenaxe a Doñá Violante de Aragones, esposa de Alfonso X, educado en Allariz Vemos entón como este personaxe histórico cobra vida nunha escultura monumental, formato co que o Fernando se sente especialmente cómodo.

É asi como o artista cunha esplendida documentación e rigor, nos ofrece unha visión, a través da súa iconografía persoal, de feitos históricos determinantes para a historia desta Vila milenaria. E faino en arquitecturas fidalgas reconvertidas en museos, dentro dun traballo rehabilitador grazas ao cúal recibiu o Premio Europeo de Urbanismo 1994.

O meu agradecemento ao Concello de Allariz, aos distintos axentes culturais e sociais que colaboran neste proxecto e especialmente a Fernando Barreira por invitarme a presentar este proxecto nestes emblemáticos espazos.

Cristina Carballedo Penelas
Comisaria Allarize

 en Facebook esta exposición comparte en Twitter esta exposición   Como llegar

foto usuario
Iniciar sesión   |   Registrarse
  • Añade esta expo a tus favoritos
  • Envia este enlace a un amigo
Ver mis favoritos
Elige el idioma de la página
Museo San Telmo
Museo Lázaro Galdiano
 

  TODAS LAS EXPOSICIONES DE ESTE ESPACIO  
ExpoBoi 2016
ExpoBoi 2016
A festa feita arte
Clausurada el 19 de junio de 2016

Nove artistas alaricanos presentan durante un mes a súa particular visión sobre a Festa do Boi, con pinturas e esculturas alusivas á tradición.  [ver+]
  
Fernando Barreira
Fernando Barreira
AllarizÉ
Clausurada el 24 de septiembre de 2015

A Revolta de Allariz ten como epicentro os acontecementos sucedidos o verán do 89 no rio Arnoia, o eixe vertebrador desta vila xa dende época Castrexa. Uns feitos decisivos na politica e con iso a historia máis recente dos Alaricos.  [ver+]
  


Inicio » Mapa de museos y exposiciones » Galicia » Ourense » Allariz » A Paneira » Fernando Barreira » exposición Nº 8027