la ventana del arte canal vídeo I  volver anterior  I  ir a página de inicio  I
 
 
Galicia universal
El arte gallego en las colecciones de ABANCA y Afundación
Exposición clausurada 14 octubre 2018
Santiago de Compostela, A Coruña

'Galicia universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación' supón a maior exposición de pezas das coleccións privadas de ABANCA e Afundación reunidas ata o momento. Pintura, escultura, fotografías e instalacións compoñen este percorrido por 150 anos de arte galega.

Nela pode contemplarse unha escolma de 192 pezas que abarcan desde o primeiro terzo do XIX ata a actualidade, o que sitúa a Galicia universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación como a mostra recente máis ambiciosa sobre a arte galega.

As coleccións de arte galega de ABANCA e Afundación reflicten á perfección os dous factores que marcaron a construción das artes plásticas galegas desde o século XIX: "identidade" e "universalidade". A través destes conceptos alúdese a dous elementos singulares para entender a nosa arte: a historia da cultura galega e a súa ligazón co contexto internacional.

Por primeira vez, unha mesma mostra reúne 119 dos artistas galegos máis relevantes dos últimos 150 anos, como son Jenaro Pérez Villaamil, Fernando Álvarez Sotomayor, Urbano Lugrís, Francisco Lloréns, Serafín Avendaño, Laxeiro, Virxilio Vieitez, Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Arturo Souto, Maruja Mallo, Eugenio Granell, Julia Minguillón, Francisco Leiro, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Berta Cáccamo, Antón Lamazares, Pamen Pereira, Elena Colmeiro, ou Antía Moure, entre outros moitos.

 en Facebook esta página compartir en twitter comparte en Twitter esta página   Como llegar
foto usuario
Iniciar sesión   |   Registrarse
  • añade este vídeo a tus favoritos
  • envia este enlace a un amigo
Ver mis favoritos
Elige el idioma de la página

 Inicio » Canal Vídeo » Museo Centro Gaiás Cidade da Cultura » Galicia universal » Exposición en vídeo Nº 924