Museo de Arte Sacra da Colexiata Santa María do Campo
Porta de Aires, 24
15001 A Coruña (A Coruña)
Telf.: 981 203 186
email: musacro@colegiata.jazztel.es

O edificio do museo, de nova planta, intégrase perfectamente no entorno da Colexiata e da Cidade Vella, actuando como cofre blindado da colección de ourivería relixiosa.

É un museo monográfico, de obxectos de prata moi diversos, destinados ó culto litúrxico, que cronoloxicamente se sitúan entre o século XVI e o século XX.

A exposición, cun criterio cronolóxico e por escolas, divídese en catro niveis:

O primeiro, mostra pezas dos séculos XVI, XVII e algunhas de mediados do século XVIII, destacando a arqueta eucarística e o ostensorio doados pola raíña Mariana de Neoburgo, esposa de Carlos II.

O segundo nivel alberga pezas coruñesas e da pratería cordobesa, todas elas de finais do século XVIII e principios do XIX.

No terceiro nivel expóñense as pezas con varas, de función procesional, e as pezas de metal do século XIX.

Por último, no cuarto nivel atópanse as pezas das Escolas Salmantina e Compostelá, destacando nesta as pezas feitas por Jacobo Pecul entre finais do século XVIII e principios do XIX.

 en Facebook este centro compartir en Twitter este centro   Como llegar

foto usuario
Iniciar sesión   |   Registrarse
  • añade este espacio a tus favoritos
  • envia este enlace a un amigo
Ver mis favoritos
Elige el idioma de la página
Museo San Telmo
Museo Lázaro Galdiano

 

Inicio » Mapa de museos y exposiciones » Galicia » A Coruña » A Coruña » Museo de Arte Sacra da Colexiata Santa María do Campo