Page Tsou . Foto 1
 
Page Tsou
Hide- and- seek
Clausurada el 4 de Marzo
Pazo da Cultura
web: www.pazodacultura.org/es

A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura acolle a mostra  Hide- and- seek [ xogo do agocho] do artista  Page Tsou (Taiwan, 1978) que exhibe a súa obra en España por segunda vez. A exposición reúne dez proxectos que comprenden máis dun centenar de orixinais do autor  taiwanés, coñecido  polos seus deliciosos e galardoados libros ilustrados para nenos.

As obras de  Page  Tsou son unha fusión de técnicas nas que se poden apreciar influencias do cómic xaponés, da arte urbana e da pintura tradicional oriental. Un universo artístico complexo —máis próximo á sofisticación europea que ao  exotismo asiático a pesar do seu dominio da tinta chinesa— no que se mesturan motivos  atemporales e un continuo afán de ruptura co previamente establecido.

Na mostra recrea un mundo  onírico, ás veces inquietante e sempre enigmático, onde as súas mensaxes esconden lecturas diversas —a influencia de René  Magritte está patente en toda a súa obra—. O título da mostra é en si un xogo de palabras: “Gústame debuxar incluíndo sinais ocultos e distintos significados. A maioría das miñas obras son libros ilustrados nos que se tratan certos temas serios envoltos da inocencia e a diversión dos nenos. Esta é a idea principal que reflicte a exposición”, explica  Tsou.

 

Horario: de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14. Luns, pechada.

 en Facebook esta exposición comparte en Twitter esta exposición   Como llegar

foto usuario
Iniciar sesión   |   Registrarse
  • Añade esta expo a tus favoritos
  • Envia este enlace a un amigo
Ver mis favoritos
Elige el idioma de la página
Tabacalera Promoción del Arte
La Casa Encendida.
IVAM Instituto Valenciano de Arte Moderno
Museo Lázaro Galdiano
CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea
 

  TODAS LAS EXPOSICIONES DE ESTE ESPACIO  
Page Tsou
Page Tsou
Hide- and- seek
Clausurada el 4 de marzo de 2018

Mostra "Hide- and- seek" do artista Page Tsou (Taiwan, 1978) que exhibe a súa obra en España por segunda vez. A exposición reúne dez proxectos que comprenden máis dun centenar de orixinais do autor taiwanés  [ver+]
  
Jaime Falcón e Agustín Pousseu
Jaime Falcón e Agustín Pousseu
Na beira do río. Diálogos na pintura
Clausurada el 12 de noviembre de 2017

Jaime Falcón (Cambados, Pontevedra, 1942) e Agustín Pousseu (Santa María-Río Grande do Sul, Brasil, 1958) achéganse á corrente do Lérez para dende as súas orelas converter a súa pintura en protagonista do outono pontevedrés  [ver+]
  
Xan Xiadas
Xan Xiadas
Áreas de sal
Clausurada el 12 de noviembre de 2017

Outono fotográfico. Mostra de fotografía realizada por Xan Xiadas, que vén deste xeito a manter á fotografía como disciplina artística de interese como achega ao outono artístico pontevedrés  [ver+]
  
Do final e do comezo 2017
Do final e do comezo 2017
Clausurada el 3 de septiembre de 2017

Exposición "Do final e do comezo 2017" de traballos de graduados/as en Belas Artes  [ver+]
  
Imaxinar a educación
Imaxinar a educación
50 anos con Frato
Clausurada el 11 de junio de 2017

"A exposición Imaxinar a educación. 50 anos con Frato" é unha invitación a pensar, a discutir prácticas desacertadas, a imaxinar un cambio  [ver+]
  
Elisa no mundo das marabillas
Elisa no mundo das marabillas
Clausurada el 1 de abril de 2017

Exposición "Elisa no mundo das marabillas", baseada no conto homónimo editado por Galaxia e realizado no taller artístico do centro residencial da Asociación de Familias de Personas con Parálisis Cerebral (APAMP)  [ver+]
  
Océano-Mar
Océano-Mar
Colectiva
Clausurada el 10 de febrero de 2017

A mostra, que fai referencia no seu título ao libro de Alessandro Baricco "Océano-Mar" consiste nunha homenaxe ao mar onde se mesturan a pintura, a escultura, a poesía, a música, a fotografía o audiovisual..  [ver+]
  
Rosa Úbeda / Yolanda Dorda
Rosa Úbeda / Yolanda Dorda
Na beira do río. Diálogos dende a pintura
Clausurada el 20 de noviembre de 2016

Neste ano 2016 chegamos á sexta edición desta cita no outono coa pintura de Rosa Úbeda e Yolanda Dorda. Ambas propoñen unha pintura chea de referencias á muller e ao seu papel nesta sociedade  [ver+]
  
Raquel Calviño
Raquel Calviño
Estar é ser
Clausurada el 20 de noviembre de 2016

A artista Raquel Calviño continúa o traballo expositivo de fotógrafos que, como Miguel Vidal, Juan Adrio, Rosa Neutro ou Santi Vega, amosaron a súa maneira de mirar a vida a través da cámara  [ver+]
  


Inicio » Mapa de museos y exposiciones » Galicia » Pontevedra » Pontevedra » Pazo da Cultura » Page Tsou » exposición Nº 32122